Martín Seco: “Con máis de 2.000 desempregados é hora de deixar de vender fume e poñer en marcha medidas reais que axuden á cidadanía” - Municipais #26M
Os socialistas de Arteixo lamentan que o PP de Alberto Núñez Feijóo e de Carlos Calvelo teñan que recorrer a anunciar protocolos que só reservan solo para “tapar a falta de política industrial”
“Con
oito anos de maioría absoluta, o resultado do PP en política de emprego é de
máis de 2.000 desempregados. É hora de deixar de vender fume e poñer en marcha
medidas reais que axuden á cidadanía”, afirma Martín Seco, candidato á Alcaldía
de Arteixo polo PSdeG-PSOE.
Para
corrixir esta situación, os socialistas propoñen, entre outras medidas, a posta
en marcha da Axencia Local de Promoción Económica, para planificar e coordinar
todas as políticas de emprego. Neste eido inclúe a reformulación da bolsa de traballo
municipal, porque “só hai que falar cos usuarios e usuarias deste servizo para
darse conta de que non funciona”. Tamén inclúen axudas ao emprendemento e aos
autónomos.
Os
socialistas fan fincapé en que a Empresa de Servizos que poñerán en marcha se
chegan a Alcaldía se nutrirá desa bolsa de emprego municipal, “sempre en
igualdade de condicións”.