O PSdG-PSOE de Arteixo abstense nos orzamentos que considera un “programa electoral que non se vai executar”





“Aínda que nos poden gustar algunhas partidas, a falta de planificación nos leva a considerar que os orzamentos son máis ben un programa electoral que non se vai executar”, explica Martín Seco, voceiro do PSdG-PSOE de Arteixo. O grupo local abstívose na votación plenaria dos presupostos para este ano, ao entender que determinadas actuacións recollidas no documentos son de interese para a veciñanza.

Non obstante, “o Concello ten un problema coa RPT (Relación de Postos de Traballo), ao tempo que non soluciona os principais problemas da xente de Arteixo: servizos e paro”.

Nesta liña, os socialistas botan en falta partidas que repercutan no benestar dos veciños e veciñas de Arteixo, na conciliación, na atención ás persoas maiores, na inserción ou na cultura, entre outras. En definitiva, o grupo socialista defende uns orzamentos para Arteixo “que poñan no centro ás persoas e que melloren a súa calidade de vida”.
Anterior
Anterior

O PSdG-PSOE de Arteixo pide a convocatoria da Comisión de seguimento do DUSI e o aprazamento das reunións cos veciños en plena precampaña electoral

Siguiente
Siguiente

Martín Seco: “Para nós é unha noticia importante e ilusionante anunciar a integración de TeGa no proxecto socialista de Arteixo”