Martín Seco: “Para nós é unha noticia importante e ilusionante anunciar a integración de TeGa no proxecto socialista de Arteixo”




“Unha noticia importante e ilusionante”, así calificou Martín Seco, voceiro do PSdG-PSOE de Arteixo, o anuncio da incorporación ao proxecto socialista de todos e todas as integrantes de TeGa, durante a rolda de prensa que tivo lugar hoxe na Casa do Pobo de Arteixo.

“Cremos nun proxecto e nunha lista centrado nas persoas e nos servizos que se lle poden dar, distinto ao de agora, que está acabado, que inclúa a xente que ven de fóra, independentes e doutras formacións co que poidamos ter un proxecto que poña no centro ás persoas e que sea alternativa de goberno”, indicou Seco, quen engadiu que “todas as persoas que desexen un camio teñen o seu espazo no PSOE”.

Pola súa banda, Charo Figueiras indicou que dende hai meses, “desde hai meses, membros e simpatizantes de TeGa vían con bos ollos a integración nun proxecto no que nos sentíamos identificados. Un proxecto ilusionante para Arteixo”.
Neste liña engadiu que coincidían “nun 99%, e sobre todo na idea de priorizar  aos veciños de Arteixo e as súas necesidades e o goberno de agora non é capaz. Somos máis eficaces e máis importantes para sumar, xuntos que por separado”.

Tanto Pablo Arangüena, vicesecretario xeral do PSdG, como José Manuel Lage, secretario de Organizaación Provincial, destacaron que “o PSOE é a casa de todas as persoas progresistas e que teñen valores progresistas”.

“Aplaudo este acordo, é o momento de cooperar e poñer en dúbida ese minifundismo ao que estamos tan acostumados en Galicia”, concluíu Lage.
Por último, tanto Figueiras como Seco destacaron que en ningún momento da negociación se puxeron enriba da mesa números ou postos na candidatura. “É un acordo de proxecto, aínda que eu, cando chegue o momento, pedirei á agrupación local que Charo vaia detrás do candidato”, subliñou Seco.
Anterior
Anterior

O PSdG-PSOE de Arteixo abstense nos orzamentos que considera un “programa electoral que non se vai executar”

Siguiente
Siguiente

O PSOE de Arteixo trasladará ao Goberno local as queixas dos veciños e veciñas que están a recibir nun mesmo mes dous recibos do servizo de auga