ROGOS AO GOBERNO LOCAL POLA OBRA DO TROCO DE SENTIDO DAS RÚAS GUERRA DA INDEPENDENCIA E RECONQUISTA E POLO APARCAMENTO DE VEHÍCULOS PESADOS NO CASCO URBANO E MARXES DO POLÍGONO
ROGO TROCO DE SENTIDO NAS RÚAS GUERRA DA INDEPENDENCIA E RECONQUISTA
Dende o Grupo Municipal Socialista descoñecemos se a obra do cambio de
sentido das rúas Reconquista e Guerra da Independencia está rematada e
recepcionada. Se é así os veciños que circulan por esas rúas, xunto coa
Travesía de Arteixo onde entroncan ambas, están preocupados pola falla do pintado dunha cuadrícula amarela como zona
de prohibido estacionamento para poder circular dende cada unha das rúas cara a
Travesía ou o revés.
Dende
o noso Grupo Municipal desexamos rogarlles que o Goberno do Concello articule
con brevidade unha solución a esta mala planificación da obra e pinte a
cuadrícula amarela na Travesía de Arteixo no entronque coas rúas Guerra da
Independencia e Reconquista
ROGO APARCAMENTO DE VEHÍCULOS PESADOS NO CASCO URBÁN E NAS MARXES VIARIAS DO POLÍGONO
Unha vez suprimido
por parte do propietario da parcela baleira sita fronte a rotonda de onde se
sitúa a empresa Pescanova, un aparcadoiro ilegal de vehículos pesados. Ditos
vehículos están estacionando dentro da zona urbana do concello e nas marxes
viarias do polígono, facendo incluso perigoso circular porque o seu tamaño
invade parte da vía. O concello ten as competencias en materia de circulación
viaria no noso concello e debe tomar medidas contra esta situación.
O Grupo
Municipal Socialista roga ao responsable do Departamento que actúe de inmediato
neste tema para evitar o continúo incumprimento das normas de circulación e
convivencia derivadas de esta situación e busque solucións para o solucionar
este problema de estacionamento dos vehículos pesados no noso termo municipal.