“O PSdeG-PSOE de Arteixo critica a falla de planificación do Concello para o aparcamento dos camións do Polígono de Sabón e esixe solucións ao Goberno Municipal do PP”
Dende o Grupo
Municipal Socialista de Arteixo fai tempo que denunciamos a ubicación de moitos
camións en rúas do noso concello que non están adaptadas para este tipo de
aparcamento, lonxe de avanzar en solucións que cheguen máis aló da iniciativa privada,
o PP adquiriu a propiedade das instalacións de dito polígono sen ter en conta a
venta da parcela que antes se utilizaba para aparcamento e pesado destes
vehículos que agora o seu novo propietario está a utilizar.
Os camións se sitúan polo noso casco urbano como a Avenida de Fisterra ou utilizan parcelas sen desenrolar dentro deste polígono, parcelas sen as condicións de salubridade e control necesarias para dito aparcamento, enchendo todo de lixo e o que é máis preocupante, que pasaría se ten lugar unha emerxencia nesa parcela na que o seu propietario xa colocou sen moito éxito un cartel de prohibido aparcar.
Dende o Grupo
Municipal Socialista pedimos solucións á falla de previsión por parte do
goberno municipal do PP de Carlos Calvelo, que non empeoren a calidade de vida
dos cidadáns do noso concello que xa teñen que sufrir uns tráficos excesivos
sen que a Xunta de Galicia aínda teña tomado iniciativas suficientes para elo e
que agora suman a incomodidade e insalubridade xerada por ditos vehículos.