“O PSdeG-PSOE de Arteixo preguntaralle ao Grupo de Goberno do PP sobre as actuacións da Concellería de Seguridade e Servizos Sociais no caso da persoa que ten atemorizado ao barrio de SolyMar”


Dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo descoñecemos as actuacións que levaron a cabo as Concellerías de Seguridade e Servizos Sociais no caso do veciño, cun posible trastorno psicolóxico, que ten dende fai moitos meses atemorizado ao barrio de Solymar, con agresións físicas á veciñanza e as súas propiedades.

Despois de que un grupo de veciños contactara con nós pola pasividade do Goberno Local, solicitamos sen éxito ao Grupo de Goberno de Carlos Calvelo que reunira á Xunta de Seguridade Local para tratar o asunto e preguntámonos se a Concellería de Servizos Sociais fixo alguna xestión nun caso de seguridade cidadá e cun veciño cun posible problema psicolóxico.

Tamén descoñecemos porque ante escritos presentados no mes de Xullo por unha asociación veciñal deste barrio, onde se poñía de manifesto esta situación e se pedía unha reunión para tratar o tema, o Goberno Local non foi quen de reunirse con eles ata o día de hoxe.

Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo queremos agradecer o traballo dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado e a Subdelegación do Goberno polas súas actuacións neste tema, pero estamos moi preocupados pola decisión do xulgado, deixando libre a un home perigoso polo visto nos derradeiros 2 anos, decisión que descoñecemos se tomaron cunha avaliación psicolóxica do detido para avaliar o seu posible internamento, só esperamos que non se produza un incidente de maior gravidade que faga que todos nos lamentemos desta decisión.
Anterior
Anterior

“O PSdeG-PSOE de Arteixo critica a falla de planificación do Concello para o aparcamento dos camións do Polígono de Sabón e esixe solucións ao Goberno Municipal do PP”

Siguiente
Siguiente

“O Voceiro do PSdeG-PSOE de Arteixo, Martín Seco, reúnese co Ministro de Fomento para poñerlle de manifesto os problemas do noso concello derivados dos accesos ao Porto Exterior de Langosteira e pedirlle que fomente o diálogo entre administracións para a búsqueda de solucións beneficiosas para esta comarca e a súa economía”