Martín Seco “Arteixo necesita que a biblioteca non peche no verán en horario de tarde e habilite unha zona de estudio para @s xóvenes do concello”
O PSdeG-PSOE de Arteixo solicítalle ao Goberno Local que busque a solución para os problemas que xorden co peche da biblioteca pública central en horario de verán.
Dende o Grupo Municipal
Socialista non entendemos como o Goberno Local segue sen dar solución a unha
reivindicación que fai a xuventude de Arteixo que se atopa sen un lugar onde
poder estudar nos meses de verán, tanto para aqueles que teñen que afrontar o
proceso da selectividade, como para aqueles que necesitan dun lugar para
afrontar os exámenes finais de Xuño e Xullo e os posteriores de Setembro.
O Goberno Local do PP debe
habilitar unha fórmula para poder corrixir este déficit e facer que no período
estival se habilite unha sala de estudio que se podería cubrir con persoal en
prácticas, becarios ou traballadores que puideran atender as necesidades
básicas desta instalación, ademais de ir buscando unha mellor solución a longo
prazo que faga que Arteixo teña os servizos dun concello de máis de 30.000
habitantes.
O Grupo Municipal Socialista
volverá a levar este rogo ao Pleno Municipal de Xullo , xa que para nós é
indispensable poder dar os servizos necesarios aos cidadáns e non se pode falar
dun concello do século XXI sen aportar solucións a este tema, nunha
administración que goza ademais de capacidade económica para levala a cabo.