O PSdeG-PSOE DE ARTEIXO SOLICITA AO GOBERNO DE MARIANO RAJOY QUE ACEPTE A ENMENDA AOS ORZAMENTOS DO ESTADO PARA FACER UN ESTUDIO DE COMO PALIAR OS EFECTOS NOS AREAIS DE ARTEIXO DEGRADADOS POLA CONSTRUCCIÓN DO PORTO DE LANGOSTEIRA.



O Grupo Parlamentario Socialista no Congreso dos Deputados, presentou unha bateria de enmendas aos orzamentos de 2018, entre elas figura unha partida para facer un estudio de como paliar os efectos da construcción do Porto de Langosteira nos areais do noso concello.

O ano pasado o Grupo Parlamentario Socialista xa presentou esta enmenda sen obter o voto a favor do PP, que agora admite os problemas serios que temos nos areais do noso concello debido á construcción da infraestrutura en Langosteira.

Esperemos que este ano o PP tome nota e faga un estudio de que facer para non danar máis o patrimonio das praias de Arteixo.

Anterior
Anterior

MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA RELATIVA Á SOCIEDADE ESTATAL DE CORREOS E TELÉGRAFOS, S.A

Siguiente
Siguiente

Pedimos ao PP actuar contra o actual abandono do Paseo Fluvial de Arteixo