O PSdeG-PSOE de Arteixo pregúntase en que caixón estará gardado o prometido traslado das liñas de alta tensión de Sol y Mar
Despois de que o
alcalde Carlos Calvelo prometese no ano 2011 o traslado das liñas de alta
tensión de Sol y Mar e que no ano 2014 anunciase que nun ano comezarían as
obras de traslado, os veciños de Sol y Mar seguen esperando preocupados polas
promesas incumpridas do seu rexedor.
No ano 2014, o
Concello dixo que Red Eléctrica redactaría o proxecto e que o Concello con
colaboración da Xunta de Galicia financiarían a obra, pero dende aquela non
tivemos máis noticias sobre un asunto onde tódolos grupos estábamos dacordo.
Descoñecemos se
Rede Eléctrica redactou o proxecto e se non é así descoñecemos as iniciativas
do goberno municipal para que dito traslado siga avanzando, xa que o problema
urbanístico xa non existe e só se necesita vontade política para efectualo.
No
próximo pleno ordinario preguntaremos sobre dita cuestión e solicitaremos que o
goberno local convoque á Plataforma de Afectados para informarlles de como va o
trámite de traslado, nun problema enquistado dende fai décadas e que debería de
ser prioritario para salvagardar a saúde dos veciños deste barrio e os usuarios
do colexio e pabellón deportivo de Galán