Martín Seco “Na loita contra a brecha salarial ou a violencia de xénero non existen atallos, ou se está o non se está, non se pode ser feminista para poñer un día un lazo e ao día seguinte non facer nada pola igualdade entre homes e mulleres”
O PSdeG-PSOE de Arteixo acusa ao alcalde e aos concelleiros do PP de contraprogramar a Folga Feminista e non participar na concentración do 8 de Marzo
Vimos de observar como unha vez máis o grupo de
goberno do PP, coa súa abstención, deixa que se aprobe unha moción no Pleno do
Concello que pide o apoio explícito á folga feminista do 8 de Marzo, para
posteriormente contraprogramar os actos reivindicativos dos colectivos
feministas e nin tan sequera participar na concentración que se celebrou diante
do Concello onte ás 12:00.
“Na loita contra a brecha salarial ou a violencia
de xénero non existen atallos, ou se está o non se está, non se pode ser
feminista para poñer un día un lazo e ao día seguinte non facer nada pola
igualdade entre homes e mulleres” declarou o voceiro do PSdeG-PSOE, Martín
Seco, que botou en falla a sensibilidade do goberno municipal e en especial do
alcalde nesta celebración do 8 de Marzo.