Moción sobre a creación da comisión de seguemento do DUSI
O Grupo Municipal Socialista abanderou a reclamación ante o Grupo de
Goberno do PP pola falla de redacción dunha estratexia na primeira convocatoria
de subvencións do DUSI, posteriormente colaborou activamente na redacción de
dita estrategia para a segunda convocatoria. No desenrolo da redacción desta
estratexia o grupo de goberno do PP comprometiuse a crear unha Comisión de
Seguimento e Impulso da implementación da estrategia, tal e como ven recollido
no documento do Plan Novarteixo 2020.
Unha vez que veu publicada a concesión de dita axuda e que o anterior pleno
ordinario municipal decidiu a aceptación desta, dende o Grupo Municipal
Socialista solicitamos ao Grupo de Goberno do PP que estableza o mecanismo de
participación prometido aos grupos da oposición e a sociedade en xeral, para
decidir cales son as inversións a desenrolar cos 5 millóns de euros que
obteremos da UE.
Dende o Grupo Municipal Socialista queremos seguir colaborando activamente
e non ser espectadores das decisións que se teñan que adoptar sobre as
actuacións a realizar con dita axuda, algo que segundo as propias declaracións
do alcalde quedou meridianamente claro nun plan que se desenrolará ata o 2020 e
debe ser o de tódolos veciños deste Concello. Tamén queremos ser garantes de
que as decisións se tomarán cos mecanismos de participación necesarios que den
voz ás asociacións deste Concello e a cidadanía en xeral.
Por todo o exposto
anteriormente, o Grupo Municipal do PSdG-PSOE solicita ao Pleno da Corporación
do Concello de Arteixo a adopción do seguinte:
ACORDO
Instar ao Grupo de
Goberno á pronta creación da Comisión de Seguimento e
Impulso da implementación da estrategia NOVARTEIXO 2020 e negociar con tódolos
grupos con representación neste Concello a súa composición.