Martín Seco reúnese co representante de zona do PSdeG-PSOE na Deputación de A Coruña, Julio Sacristán, preocupado polos problemas xerados polo pintado da estrada do ente provincial en Uxes


O voceiro do Grupo Municipal Socialista reuniuse co representante da súa zona na Deputación de A Coruña, Julio Sacristán, para interesarse pola situación na que deixaron o vial de Uxes no seu paso por Souto, tralo pintado que lle impide xirar a esquerda a moitos dos veciños desta parroquia, sen alternativa para poder acceder as súas vivendas.

Unha vez remata a obra da senda peonil, os veciños atopáronse cun cambio de criterio técnico na sinalización deste vial, que lles impide acceder a súa vivenda, ou xirar cara o barrio de Souto, un cambio de criterio que non se levou a cabo no vial que ven dende A Coruña ata Arteixo pasando por Feáns, que non sufriu variacións, perxudicando moito aos veciños desta parroquia, que se atopan moi cabreados por non ter alternativa para poder entrar e saír das súas casas, ou xirar para baixar ata o barrio de Souto ou cara a Freán. Ademais con diferenzas de trato entre uns e outros propietarios difíciles de entender tecnicamente.

O voceiro do Grupo Municipal Socialista de Arteixo, Martín Seco, pediulle ao seu representante no Grupo Socialista na Deputación, Julio Sacristán que analicen a situación, pedindo un informe técnico sobre o sucedido e a motivación no troco de criterio con respecto a obra do vial de Feáns realizado polo mesmo ente fai poucas datas. Mostrouse esperanzado por que a Deputación busque solucións para os veciños que quedaron nunha situación de desamparo e que non teñen unha alternativa lóxica para acceder a súa propiedade.

Anterior
Anterior

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo pide modificacións nas bases de axudas para a instalación de ascensores e eliminación de barreiras arquitectónicas en vivendas de uso colectivo

Siguiente
Siguiente

“O PSdeG-PSOE solicita ao goberno do PP no Concello de Arteixo que facilite as instalacións municipais aos deportistas do Clube Salvar para que os rapaces poidan cambiarse nelas”