O PSdeG-PSOE de Arteixo pídelle a Calvelo que esixa á Consellería de Educación atención aos alumnos do Ponte dos Brozos con necesidades especiais


Como xa denunciábamos na campaña electoral de Setembro, a Xunta de Galicia, continúa coa súa campaña de recortes nos servizos que debe de asumir á Consellería de Educación, existe una fonda preocupación entre as nais e país de alumnos con necesidades especiais do CEIP Ponte dos Brozos, pola falla de persoal docente e non docente para atender aos seus descendentes.

O colexio máis grande de Galicia e nunha situación lamentable de masificación, con algo máis de 1.100 alumnos, vese afectado por novos recortes neste curso 2016/2017, que perde un profesional en  audición y linguaxe e horas dun profesional de pedagoxía terapéutica, que agora pasará a estar compartido coas escuelas unitarias, ademáis de facer caso omiso das necesidades dun novo coidador para atender aos alumnos discapacitados.

O goberno do PP na Xunta de Galicia, seguindo os principios ideolóxicos da LOMCE, non está interesado na igualdade, e non lle interesa que determinado tipo de alumnos estea nas mesmas condicións cós demais na atención educativa, reducindo o número de sesións aos alumnos con diagnóstico permanente e retirándolle dita atención a aqueles que teñen temas puntuais ou menos graves.

Sabemos da preocupación das nais e país destes rapaces, que estudian posibles mobilizacións, como a petición de sinaturas, para reverter dita situación e que dende o Partido Socialista apoiamos. A administración local non pode observar impasible dita situación, polo que o Grupo Municipal Socialista solicitará nas vindeiras convocatorias oficiais do Concello de Arteixo , que o Grupo de Goberno do PP, esixa á Consellería de Educación que leve a cabo as contratacións pertinentes para a atención do alumnado que necesita do apoio da administración autonómica, xa que non todo se soluciona, derrochando os cartos dos impostos locais dos cidadáns de Arteixo en actuacións que debería de levar a cabo a Xunta de Galicia.


Anterior
Anterior

O goberno do Partido Popular en Arteixo segue inmóbil, despois da perda de posibles fondos europeos millonarios, no desenrolo do programa europeo de estratexias integradas de desenrolo urban sostible "EDUSI"

Siguiente
Siguiente

Un mes despois do grave vertido aparecido no Rañal, os socialistas arteixáns denunciamos ante o SEPRONA a aparación de ducias de troitas mortas na ría de Barrañán