MOCIÓN do PSdeG-PSOE de Arteixo en relación á paralización do calendario da LOMCE

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

O Partido Socialista foi tremendamente crítico durante o proceso de elaboración e posta en marcha da LOMCE, tanto no conxunto de España como aquí en Galicia.

Entendiamos, e seguimos entendendo, os integrantes do Grupo Socialista, que este país perdeu unha nova oportunidade de dotar, dunha vez por todas, de estabilidade ao noso sistema educativo, cuestión que, por certo, leva demandando con grande insistencia o conxunto da comunidade educativa deste país dende hai moitos anos, e co iluso desexo de evitar que a Lei educativa sexa cambiada de maneira automática cada vez que se produza un cambio de goberno, situación que todo apunta producirase, por certo, moi prontamente.

  O Grupo Socialista considerou sempre que, a pesares do que se ten afirmado con pouco rigor nos últimos anos o noso sistema educativo ten mellorado de maneira importante na súa equidade e calidade, e foramos quen de alcanzar un servizo público educativo que chegaba a toda a poboación en condicións de igualdade, e que tan malo non debera ser cando os nosos titulados e tituladas son tan ben valorados cando saen fóra do noso país.

  Durante este tempo foron varios os asuntos que teñen concitado na comunidade educativa unha enorme controversia: calendario precipitado de implantación da propia lei e dos novos currículos, cambiante política de libros de texto ou o inicio das “reválidas”, por poñer tan só algúns exemplos significativos.
É por todo o anterior que o Grupo Municipal Socialista do concello de Arteixo presenta a seguinte Moción para o seu debate e aprobación en Pleno:

1.- O Pleno do Concello de Arteixo insta á Consellería de Educación da Xunta de Galicia paralice de inmediato o calendario de aplicación da LOMCE así como suprima as Avaliacións (Reválidas) de 3º e 6º de Educación Primaria.



Anterior
Anterior

MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA SOBRE MEDIDAS PARA AVANZAR NA LAICIDADE DO ESTADO NO ÁMBITO MUNICIPAL.

Siguiente
Siguiente

Moción pedindo a bonificación do Imposto aos vehículos que menos contaminan