“O Goberno local debera de explicar se ten algunha política de promoción turística e que resultado está obtendo dela, despois de observar a transparente presenza de dous concelleiros de Arteixo en FITUR”


Arteixo é un pobo que aínda que se coñece polas súas infraestruturas e a súa capacidade industrial, ten unha ampla gama de posibilidades a nivel turístico, cunha estupenda xeografía que amosarlle aos cidadáns que desexen visitarnos, cunha historia, arte, paisaxe, praias e gastronomía que deberían de ser potenciadas pola nosa administración se existise unha verdadeira política de promoción económica e turismo.

Nestas datas dende o Grupo Municipal de Arteixo observamos que dous dos concelleiros de goberno, a delegada de Promoción Económica e o de Participación Cidadá acudiron, a dietas pagadas, a Feira de Madrid “ FITUR”, e semella que foi en segredo, posto que non sabemos, nin tan sequera polos medios de comunicación, que foron a facer.

No anterior mandato, dende o goberno de Carlos Calvelo, vendeuse como prioritaria, a política de desenrolo turístico de Arteixo, con inversións na oficina de turismo e nunha posta en escena de proxectos como o de turismo industrial, que para pouco serviu. A día de hoxe o noso concello, carece dun proxecto serio e preciso sobre as políticas a desenrolar nesta materia e somos incapaces de por en marcha algo que dinamice a economía turística de Arteixo e polo tanto perdemos posibilidades de xeración económica e de emprego, nun concello especialmente golpeado polo paro e a exclusión social.

Dende o Grupo Municipal Socialista, preguntámonos que foron a facer a FITUR ditos concelleiros, se sacaron algunha conclusión da súa viaxe, se lograron algún obxectivo ou se só foron de viaxe turística á capital de España. O voceiro socialista de Arteixo, Martín Seco, pregúntase se terá o goberno local de Arteixo algún tipo de iniciativa turística, de promoción económica e de desenrolo industrial para o noso concello, que faga posible loitar contra a lacra de desemprego que golpea á nosa poboación e pon en dúbida a capacidade dos representantes municipais para poder dirixir este departamento, ademais considera inaceptable que o grupo de goberno teña 4 persoas contratadas como persoal de confianza e que ninguén, nin concelleiro, nin persoal de confianza sexa capaz de dirixir unha área esencial para as necesidades laborais e económicas da nosa veciñanza

Anterior
Anterior

O Concello de Arteixo e a Consellería de Educación debe tomar medidas urxentes no CEIP Ponte dos Brozos, no que as goteiras están inutilizando aulas

Siguiente
Siguiente

“O Concello de Arteixo necesita ter mellor dirección política e persoal formado en materia de financiamento europeo para non deixar pasar as grandes oportunidades que ofrecen as institucións europeas”