“O Concello de Arteixo necesita ter mellor dirección política e persoal formado en materia de financiamento europeo para non deixar pasar as grandes oportunidades que ofrecen as institucións europeas”
O voceiro socialista de Arteixo,
Martín Seco, participou este principio de semana nunha viaxe organizada pola
oficina do parlamentario europeo José Blanco López a Bruselas para coñecer de
primeira man as institucións europeas e as liñas de financiamento europeas
dispoñibles para impulsar o desenrolo local, nesta visita o voceiro socialista
recibiu información sobre a política de cohesión a cargo de persoal da
Comisión Europea, así como sobre o Fondo Social Europeo e a Iniciativa Xuvenil
de Emprego. Igualmente, recibiu información sobre as vías de financiamento
europeo dispoñibles para proxectos locais na Fundación Galicia Europa e mantivo
diversas reunións no Comité das Rexións e con diferentes parlamentarios
europeos como Juan Fernando López Aguilar, Ramón Jaúregui e Jonás Fernández.
O voceiro
socialista lamenta que o concello de Arteixo deixase perder a oportunidade de
participar na primeira convocatoria da liña de subvencións do Plan EIDUS que
repartirá o 70% dos 1.000 millóns presupostados para este fin e que poderían
aportar ata un máximo de 5 millóns para proxectos nun concello como o noso e
apremia ao grupo de goberno local a que non deixe de participar na segunda
convocatoria que sacará o 30% restante, para o cal debe redactar unha
estratexia de Arteixo como Concello no período que vai ata o 2020 e na cal
veñan incluídos os proxectos a realizar e financiar.
Ademais existen máis
liñas de financiamento na UE, con programas sobre aforro enerxético, xestión
medioambiental, emprego e inclusión social que o concello de Arteixo debera de
estar explorando, para o cal dende o noso grupo solicitamos que o grupo de
goberno forme en materia de financiamento comunitario ao persoal do concello,
xa que existen cursos que organiza a propia Fundación Galicia Europa dependente
da Xunta de Galicia e debería de pensar en contar cun responsable de esta
materia para un funcionamento mellor dun departamento como é Promoción
Económica e Emprego que carece de dirección política e necesita dalgún técnico que
impulse políticas atractivas para un concello como o noso de amplas
posibilidades.