“Dende o Grupo Socialista desexamos utilizar os 750.000 euros dese novo Plan de Acción Social posto en marcha polo actual goberno da Deputación de A Coruña, para actuacións que melloren a calidade de vida dos nosos cidadáns”

No día de hoxe o Grupo Municipal Socialista de Arteixo solicitou a celebración dunha reunión da Xunta de Voceiros para negociar as actuacións a realizar co Plan de Obras e Servizos 2016 e o novo Plan de Acción Social 2015.

Dende o Partido Socialista de Arteixo celebramos que o novo goberno da Deputación co socialista Valentín Formoso ao fronte utilice os fondos públicos da Deputación con criterios de equidade entre tódolos cidadáns da provincia e que utilice a institución para apoiar aos concellos na solución dos problemas que adoecen e moito máis se os criterios son plans sociais ou en materia de emprego.

Un ano máis o Grupo Socialista apoiara o criterio de seguir utilizando os 550.000 euros do POS para seguir dotando de saneamento e abastecemento de auga a tódolos veciños e nese senso apoiaremos iniciativas para renovar a nosa vella rede con múltiples problemas como por exemplo, os que están a vivir no Barrionovo de Pastoriza.

Dende o Grupo Municipal Socialista proporemos que o goberno local utilice os 750.000 euros que pertencen ao noso concello a desenrolar algunha ou algunhas das seguintes actuacións que contemplaba o noso programa electoral e de importancia para a calidade de vida dos noso cidadáns: 

Elaborar un programa de eliminación de barreiras arquitectónicas.

Iniciar a instalación de cubertas nos parques infantís, comezando cos máis utilizados do concello 



e a conversión do campo da festa nun espazo multiusos cuberto. 




Anterior
Anterior

Moción do Grupo Municipal Socialista sobre a Mancomunidade e a xestión dos residuos urbáns

Siguiente
Siguiente

Martín Seco García (Sº Xeral do PSdeG-PSOE de Arteixo): “O Concello debe esixir das administracións autonómica e estatal a reposición do espazo e pintado das paradas de bus no barrio do Quinto Pino en Pastoriza”