“O PP de Arteixo utiliza o concello como unha axencia de colocación de amigos e simpatizantes, mentres o concello carece das políticas de promoción económica e emprego axeitadas”


No día de onte fumos coñecedores do nomeamento de Jose Manuel Álvarez-Campana Gallo como persoal de libre designación do goberno local en Arteixo, dende o Grupo Municipal Socialista somos descoñecedores dos motivos de dito nomeamento e as funcións que ven a desenrolar este alto cargo do Partido Popular na Provincia de A Coruña. 


O alcalde, Carlos Calvelo, necesitou pouco tempo para colocar nos postos de libre designación aprobados en solitario polo seu partido a persoas de confianza do seu entorno sen ter en conta as necesidades dun concello, que ten moitas carencias en materias como o emprego e a promoción económica e utiliza os medios que ten a disposición para contratar aos seus compañeiros en paro e non para paliar ditas carencias. 


Recordamos que na chegada de Carlos Calvelo ao concello eran dúas as persoas de libre designación, pasando posteriormente a tres, para ter en este momento catro persoas que pouco aportan para o desenrolo e a mellora da nosa administración, ao secretario do Alcalde e ao responsable da relación cos medios de comunicación, que funciona como un empregado do PP, hai que engadirlle ao ex concelleiro Manuel Padín, cunha xestión nefasta as súas costas no departamento de Promoción Económica e Emprego e a chegada deste alto cargo provincial, que ven a constatar que o PP pensa que os recursos de todos son para uso do seu partido. 


Mentres esto sucede, o PP segue sen levar a cabo políticas activas de promoción económica, sen facer unha política de emprego axeitada e utlizando a bolsa de emprego do concello como método de contratación dos seus amigos, por non falar da inexistencia de políticas industriais e de asentamento de empresas, a mala política de asesoramento ou a paralización en materia de formación que temos que sufrir. Algo que según a entrevista do domingo pasado da nova concelleira semella que continuará nesta lexislatura.



Anterior
Anterior

O Grupo Municipal Socialista de Arteixo solicita o borrador de documento para o Presuposto do 2016, para poder facer as nosas suxestións.

Siguiente
Siguiente

MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DO CONCELLO DE ARTEIXO PARA REDUCIR O IVE CULTURAL