MOCIÓN SOBRE OS PRESUPOSTOS XERAIS DO ESTADO 2016
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
O Grupo Socialista no Parlamento español, presentou 1.601 emendas que mobilizan 11.000 millóns de euros para un proxecto "de futuro, de reforma e de renovación”
Estas enmendas fan fincapé en tres aspectos fundamentais: a educación e o emprego (3.095 millóns), o crecemento económico (3.190 millóns) e a cohesión social (3.483 millóns), ademais de investimentos en infraestruturas.
Despois dunha lexislatura do PP que cambiou modelo social e provocou, non só que se agrande a desigualdade, senón que se sentaron as bases para que esta desigualdade continúe. Por iso, as emendas socialistas pretenden "dar a volta a esta situación e levar a cabo políticas que xeren igualdade de oportunidades".
Neste paquete o PSOE presentou unha batería de enmendas que afectan ao municipio de Arteixo, enmendas como a partida para adoptar medidas nos custes enerxéticos para empresas grandes consumidoras de enerxía como Alcoa ou Ferroatlántica que permitan manter a súa actividade a medio e longo prazo, unha partida destinada a un Plan de reindustrialización e apoio á competitividade industrial de Galicia e un plan de emprego integral para Galicia, que son vitais para o noso concello.
Caben destacar as enmendas propias do noso concello:
1. Os dous millóns destinados á conexión ferroviaria co porto arteixán de Punta Langosteira, nunha aposta por ter un porto ben comunicado e competitivo para o futuro da nosa infraestrutura.
2. A posta en marcha dun Plan de recuperación e transformación de tramos ferroviarios en desuso en Sendas Verdes, nas que se inclúen os tres antigos tramos de vías de tren entre Uxes-Santa Icia, Santa Icia-Vío e Souto-Orro.
3. A incorporación das medidas existentes na DIA de alta velocidade entre Uxes e Pocomaco e a inclusión de medidas de apantallamiento excluídas da DIA no núcleo de Santa Icia, algo xa incluído polo noso grupo nas alegación do estudio do acceso ferroviario a Punta Langosteira.
4. O estudio para insonorizar as vivendas en Uxes, Souto e A Zapateira por sonidos derivados do tráfico aeroportuario de Alvedro.
5. A construción dun dique de abrigo no Portiño de Suevos
6. Un estudio para a rexeneración dos areais das praias de Arteixo, degradados polos cambios nas correntes trala instalación de Punta Langosteira.
Por todo iso, o Grupo Municipal Socialista do Concello de Arteixo presenta para a súa consideración e aceptación polo Pleno Municipal o seguinte ACORDO:
• Instar aos Grupos Parlamentarios presentes no Congreso dos Deputados a aprobar as enmendas presentadas polo Grupo Parlamentario Socialista que afectan directamente ao noso concello, enumeradas anteriormente na exposición de motivos.