O PSOE de Arteixo esixe a dimisión ou cese de Victor Merelas como responsable de Medioambiente e a eliminación da súa dedicación exclusiva ademais dos criterios de Carlos Calvelo para darlle esta competencia e o plan de traballo desta Concellería para este mandato


INICIATIVAS DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA TRALA ENTREVISTA DE VICTOR MERELAS EN LA OPINIÓN O DOMINGO 23 DE AGOSTO:

O domingo 23 de Agosto saíu publicado nun medio escrito unha entrevista ao concelleiro delegado de Medioambiente e Disciplina Urbanística, na que amosaba un completo descoñecemento da área que representa e na que foi incapaz de plantexar as prioridades da súa concellería neste mandato. Este concelleiro goza de dedicación exclusiva dende o mandato anterior, incrementada ata os 30.000 euros no mandato actual, sen amosar o menor interese pola situación do noso concello na materia da súa competencia, na mesma entrevista o concelleiro queixábase da escasez de medios e persoal da súa concellería.

Ante esta situación, o Grupo Municipal Socialista ROGALLE:

  • A este concelleiro que presente a súa dimisión do como Delegado de Medioambiente e Disciplina Urbanística e a renuncia a súa dedicación exclusiva.
  • Ao alcalde de Arteixo que cese a este concelleiro nas súas competencias e elimine a partida asignada a súa dedicación exclusiva, utilizándoa para mellorar os medios e o persoal de esta concellería. 


Ademais, dende o noso Grupo Municipal desexamos preguntarlle ao alcalde de Arteixo:

  • ¿Cales foron os criterios para nomear delegado de medioambiente e disciplina urbanística a Victor Merelas?, 
  • ¿Cal foi o plan proposto polo novo grupo de goberno en materia de medioambiente ao inicio de mandato?, 
  • ¿É certa a falla de medios e persoal en este departamento?, 
  • ¿Por que non utiliza os 30.000 euros da dedicación exclusiva deste concelleiro en melloralas?
Para aqueles que non víchedes a entrevista, aquí queda o enlace:




Anterior
Anterior

“Pese as promesas de regularizar os núcleos próximos á costa, o PP de Arteixo ten metido o Plan Xeral nun caixón, a pesar de que as palas chegan ao Portiño de Suevos”

Siguiente
Siguiente

MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA DE ARTEIXO ESIXINDO A POSTA EN MARCHA DE MEDIDAS CON CARÁCTER URXENTE PARA GARANTIR A SUPERVIVENCIA DO SECTOR LÁCTEO GALEGO