Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “Ante a desfeita do parque da Cega de Meicende o grupo de goberno do PP debería de convocar unha reunión informativa cos veciños para coñecer as preocupacións destes e trazar solucións”
Dende o Grupo Municipal Socialista estamos
recibindo múltiples queixas da “irrematable” obra realizada no Parque da Cega
de Meicende por parte do grupo de goberno do Partido Popular, unha obra que
está deixando en peor estado o parque de como se atopaba anteriormente.
Bótase
en falla que o grupo de goberno de Carlos Calvelo faga o mesmo que coa rúa
Ferrol e convoque aos veciños usuarios deste parque, para coñecer as súas
preocupacións e poder arranxalos problemas que desta derivan, nunha obra que
semella irrematable e que se contaba que estivese realizada en mes e medio.
Comezamos cun parque para cans proxectado nun lugar pouco oportuno, para logo
deixar esa zona completamente abandonada, pero o peor é que están a converter
este lugar nun auténtico perigo para os vehículos que circulan por un pavimento
deslizante, un perigo para a xente maior que xa sufriu caídas nun pavimento
pouco apto para o tránsito en mollado, con varandas perigosas para os nenos,
adoquín na zona de xogo dos nenos, bancos e bordillos das zonas verdes cheos de
aristas, e unha colocación do mobiliario urbano que ninguén entende e favorece
os accidentes na zona de xogo dos nosos menores, ademais de poñer uns bancos
sen respaldo que semella que agora comezan a modificar e o uso de madeira de
pino que comeza a romper nalgúns deles. Ademais de permitir a existencia dunha
vivenda abandonada e chea de sucidade e un furado ao seu carón que semella de
moito perigo para un neno que puidera caer nel.
Os veciños están asustados dos
bandazos da dirección de obra e os propios albaneis están cansos de soportar as
múltiples críticas derivadas dunha mala planificación, dunha mala dirección de
obra e unha inexistente inspección municipal,o grupo de goberno que conta cun
arquitecto e un aparellador e tres arquitectos superiores en nómina debería
tomar cartas no asunto e solicitarlle a dirección de obra a modificación destes
perigos e solucións para a falla de estética coa que están deixando este parque
ademais de volver a incidir na falla de respecto e promoción das zonas verdes e
as árbores que ten este goberno