O PSOE acusa a Calvelo de volver a mentirlle aos cidadáns como no 2011 cando dixo que crearía emprego nesta lexislatura

Martín Seco presenta o seu compromiso de reducir o índice de desemprego, xerando emprego para todos e non só para uns poucos amigos


Martín Seco, acusou no día de hoxe a Carlos Calvelo de volver a vender fume entre os cidadáns de Arteixo, prometendo como no 2011 a creación de postos de traballo para os nosos veciños, “despois de ter prometido no ano 2011 reducir os 2800 parados que tiña Arteixo 2800 e pasar a ter actualmente 3300, as promesas de Calvelo son como as moedas de 3 euros”, levamos unha lexislatura de bandazos nas políticas de emprego que levaron consigo que o concelleiro actual de promoción económica e emprego fose eliminado das listas electorais do Partido Popular, sen unha política clara de emprego e formación e unha nula política de impulso da nosa industria, sen ter o apoio da Xunta de Galicia en levar a cabo as actuacións que tanto necesita o noso concello e que non se lles demandan con enerxía dende a nosa administración.

Ademais temos que ver como se utiliza o departamento de emprego para favorecer a contratación de só uns poucos mentres algúns cidadáns teñen un acceso nulo ao emprego e a formación do noso concello.

Dende o Partido Socialista comprometémonos por escrito a reducir o índice de desemprego e a facelo levando a cabo unha profunda reforma do departamento de emprego do concello, creando a Axencia Local de Emprego, que dinamice o noso tecido económico, cun sistema novo de Orientación Laboral e Asesoramento a empresas e autónomos, unha mellora nos cursos de formación ocupacional, a creación dun viveiro de novas empresas locais, un sistema de apoio a creadores e emprendedores, con beneficios fiscais e obtención de microcréditos, encargaremos un estudio da actividade industrial e as posibilidades de desenvolvemento deste sector, a aposta polo co-working e as TIC´s, un estudio sobre a futura posta en marcha dun Centro Tecnolóxico sobre o Deseño Téxtil, creación dunha nova Bolsa de Emprego e igualdade de oportunidades con sistemas de rotación no emprego local.

Ademais é necesario un goberno que deixe de pregarse aos pés do goberno da Xunta de Galicia e esixa maior implicación no noso desenrolo económico e na loita contra o desemprego e un cambio no mapa da formación profesional para dotar ao noso concello das modalidades necesarias neste concello como temas de deseño téxtil, química, metalurxia e outras, ademais de loitar pola implantación dunha oficina do INEM no noso concello para que se xestionen dende Arteixo as ofertas de emprego.
Anterior
Anterior

O PSOE comprométese a reducir o índice de pobreza en Arteixo no próximo mandato

Siguiente
Siguiente

O PSOE aposta por un PXOM sen mans negras, con participación social e de tódolos representantes políticos