Martín Seco creará o primeiro Festival de Música na Canteira de Barrañán

O portavoz socialista comprométese a apoiar aos creadores locais e a construir a Casa da Música, con locais de ensaio e gravación


Consciente da capacidade que ten a canteira de Barrañán para acoller actividades musicais dada a súa boa acústica, o candidato á Alcaldía polo PSOE, Martín Seco, porá en marcha o primeiro Festival de Música neste entorno para ir converténdoo pouco a pouco nunha referencia nacional. É unha das principais propostas da candidatura socialista no ámbito do apoio ás actividades creativas e culturais.
O cabeza de lista comprométese a impulsar o traballo dos creadores locais con certames, concursos, ciclos, becas e prácticas no exterior. Martín Seco entende, ademáis, que é o Concello o que ten a responsabiliade de asumir a organización das festas municipais de Arteixo, e así o fará no próximo mandato.
Neste ámbito, os socialistas propoñen a construcción da Casa da Música, unha infraestrutura que acollerá locais de ensaio e gravación para os grupos locais de Arteixo.
Outra das propostas de Martín Seco é a de darlle máis visibilidade e apoio á Banda Municipal de Música, dotándolla de melloras que garantan un mais axeitado desenvolvemento da súa actividade. Os socialistas consideran que á formación musical do concello de Arteixo non se lle está dando a proxección que merece e que a súa calidade artística e didáctica está desaproveitada. Polo tanto, apostan por darlle a volta a esta situación e mellorar o grado de colaboración co Concello.
Así mesmo, o candidato socialista ve moi necesario que se vincule en maior medida o funcionamento da banda á Escola Municipal de Música, con vistas a mellorar o seu desenrolo. Martín Seco entende que dende o goberno municipal se debe levar a cabo unha política de promoción musical, de impuso a estes músicos locais, e fomentar o labor da banda cun programa que lle dea estabilidad profesional.


Anterior
Anterior

Martín Seco porá en marcha un portal de transparencia para abrir o Concello aos veciños e fomentar a participación cidadá

Siguiente
Siguiente

Martín Seco creará a Axencia Local de Emprego para dinamizar o aumento da taxa de ocupación