Martín Seco creará unha oficina local de emprego co obxectivo de reducir os elevados índices de paro en Arteixo
El
PSOE porá en marcha medidas para vincular ás empresas
ubicadas no concello coa creación de postos de traballo
ubicadas no concello coa creación de postos de traballo
Arteixo
é o
municipio da área metropolitana con máis desemprego
e entre as preocupacións dos veciños este asunto ocupa o primeiro
lugar desde hai varios anos. Por iso, desde o PSOE están a buscarse
fórmulas
que estimulen a creación de postos de traballo
no concello.
Así,
membros do equipo socialista, encabezados polo candidato á alcaldía,
Martín
Seco,
reuníronse estes días con representantes da asociación de
empresarios
do polígono de Sabón,
onde operan algunhas das empresas máis importantes non só da
comarca, senón do panorama nacional e internacional.
O
PSOE cre que na necesidade
de traballar de xeito conxunto co colectivo empresarial
e así llo fixo saber durante este encontro aos directivos da
asociación, a quen transmitiu todo o apoio co fin de que se dea un
impulso
ao desenvolvemento económico de Arteixo
e póidase paliar o alto índice de desemprego.
Entre
outras cousas, Martín
Seco aposta por apoiar máis ao creador e ao emprendendor, dotándoo
de máis axudas e de vantaxes fiscais,
así como un servizo de asesoramento para empresas, comercios e
autónomos, coa creación de microcréditos para axudar a este
colectivo. É dicir, pór en práctica os estímulos necesarios para
que a creación de postos de traballo sexa beneficiosa tanto para os
veciños como para os propios empresarios.
Para
lograr ademais esa integración entre o pobo e o polígono, Martín
Seco cre necesaria a instalación
de pantallas vexetais que permitan esa relación coa contorna urbana,
así como a posta en marcha dun plan
de seguridade
de face a protexer aos cidadáns das empresas consideradas perigosas
do devandito polígono.
O
PSOE aposta pola procura de fórmulas para vincular en maior medida
ás empresas asentadas en Arteixo coa necesaria creación de emprego
para os veciños. Entre as propostas, Martín Seco explicou que
debería porse en funcionamento unha oficina
de emprego da Xunta no municipio arteixán,
así como unha axencia
local de emprego,
todo iso encamiñado a rebaixar os altos índices de paro.
Habería
ademais que redefinir
co Goberno galego o
mapa da formación profesional e mellorar a formación ocupacional
dos cidadáns de Arteixo,
á vez que se actúa sobre os actuais sistemas de asesoramento e de
orientación laboral.
Por
último, o candidato socialista subliñou a importancia de crear
unha nova bolsa de emprego
que permita ir
rotando os contratos
de traballo entre as persoas desempregadas de Arteixo naqueles
servizos temporais do concello. Así mesmo, apostar pola potenciación
das novas tecnologías e as TIC’s e o fomento da innovación e o
coworking.