Martín Seco aposta por implantar un servizo de trasporte interparroquial e mellorar a axuda á domicilio para os maiores
O
portavoz socialista comprométese a crear unha rede pública
de centros de día en tódalas parroquias
de centros de día en tódalas parroquias
O grupo municipal do
PSOE de Arteixo reuniuse estes días coa asociación de pensionistas
e xubilados do municipio, donde puideron intercambiar impresións
sobre as necesidades e demandas deste colectivo.
Neste encontro, o
portavoz socialista, Martín Seco, amosou o seu compromiso de levar a
cabo políticas activas para os maiores do concello de Arteixo,
implementando actividades en tódalas parroquias, e ir desenrolando,
paulatinamente, unha
rede de centros de día,
incluído o prometido na Unidade de Actuación 49, que o PP paralizou
en Freán e que o PSOE asegura que porá en marcha.
En contra da aposta
do PP polos centros privados,
incluindo na súa lista como número
tres á xerente do único centro de día de xestión privada
do concello (en Vilarrodís), Martín
Seco amósase
convencido de que a
asistencia pública é a máis axeitada
tanto na atención como no aspecto económico.
Así mesmo, o candidato
á Alcaldía sinalau a súa preocupación por garantir a capacidade
adquisitiva dos pensionistas e para isto propón medidas como
eliminar
o copago
e implantar un servizo
sanitario eficiente e ben dotado de medios e persoal.
Para Martín Seco é
imprescindible a creación
do servizo de transporte interparroquial
para que os cidadáns de tódolos núcleos de Arteixo, sobre todo os
máis maiores, poidan desprazarse, polo menos, unha vez á semana ao
centro para ir ao médico, á farmacia ou a facer as súas compras ou
outros servizos.
Outro dos compromisos
que lles transmitiu o candidato socialista foi a mellora do
transporte adaptado, e do servizo
de axuda á domicilio,
así como a construcción de sendas peonís e parques, dotados con
infraestruturas para os maiores de Arteixo.