Martín Seco denuncia o repunte de venda e consumo de droga na zona das Eiras, en Meicende
O
portavoz socialista presenta no pleno do mañana un rogo para
demandar ao Concello unha solución ao problelma
O grupo municipal do
PSOE de Arteixo denuncia a situación de inseguridade que están a
vivir os veciños da zona das Eiras, no núcleo arteixán de
Meicende. O voceiro socialista, Martín Seco, denuncia que nos
úlitimos tempos estase producindo un repunte na venta de droga nesta
contorna.
O candidato á Alcaldía
alerta de que están a aparecer kits antisida, jeringuillas e mesmo
papel de prata no chan, o que denota que hai moitos consumidores de
heroína que acuden á zona para mercala e consumila no entorno.
Neste sentido, Martín
Seco presentará no pleno de mañá un rogo ó goberno local para que
intensifique o control policial nesta zona y que esixan das forzas de
seguridade do estado maior atención á esta problemática. Na mesma
liña, o voceiro demanda ao concello que poña maior esforzo para
poñerlle feno á esta situación.
Esta é segunda
denuncia que o grupo socialista lanza neste sentido. A semana pasada,
xa alertou da existencia dun posible punto de venda de droga no
entorno do Moucho, en Sorrizo. Dada esta situación, Martín Seco
urxe ao goberno local a atopar unha situación no concello de Arteixo
referente á venda de droga.
Asdo: