Martín Seco denuncia o incumprimento do goberno local coa reclasificación dos postos de peóns e limpadoras municipais
O
portavoz socialista lamenta que o señor Calvelo lles mentise e que
agora os traballadores teñan que superar unha oposición
O grupo municipal do
PSOE de Arteixo denuncia que o goberno local volveu mentir aos
traballadores municipais, a quenes lles prometera unha
reclasificación “directa” dos seus postos de traballo.
Neste sentido, o
voceiro socialista, Martín Seco sinala que aos peóns e limpadoras
do Concello se lles promteu reclasificar as súas categorías ata
gupos laborais superiores co consecuente aumento dos seus soldos. O
goberno local trasladou a estos traballadores e a suba sería
automática, baseada na razón de que ningún traballador do Concello
tivera un soldo por debaixo dos 1.000 euros.
A sorpresa ven cando no
pleno de hoxe o goberno local leva a aprobación o plan de empleo
para dita clasificación e sinala que para elo haberá que facer un
concurso oposición. Nestes días pasados xa eran moitas as
traballadoras que preguntaban polo seu aumento de soldo, sen saber
que o goberno lles mintera y agora teñen que pasar por unha
oposición para elo.
Na mesma liña Martín
Seco lamenta que deposis de catro anos de goberno do señor Calvelo,
aínda estéase á espera da valoración de postos de traballo tan
prometida e que agora se esqueza de levar a cabo unha
funcionarización razoada e pactada coa representación sindical.
No pleno de hoxe, todos
os grupos políticos votaron a favor do plan de empleo, aínda que o
PSOE lamenta que o señor Calvelo mentise aos traballadores e
traballadoras do Concello, que agora ven que teñen que pasar a
oposición para ter a prometida suba do soldo