Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “O alcalde de Arteixo mentiunos sistematicamente, xogando coa necesidade dos veciños, coa presentación dun comedor social que non está previsto na ordenanza que hoxe tratamos na Xunta de Voceiros”


No día de hoxe a Xunta de Voceiros do Concello de Arteixo, tratou sobre a “Ordenanza reguladora do Servizo de Comidas Saudables do Concello de Arteixo”, que faltando a verdade, está presentando o alcalde como Comedor Social. 

Dende a oposición levamos tres anos poñendo de manifesto a necesidade de atender a aqueles que están en situación de exclusión social e incluso a moitos que aínda que están traballando, os seus soldos non chegan para garantirlles unha comida digna. O ano pasado o Grupo de Goberno anunciou a creación dun comedor social que despois non puxo en funcionamento, para este ano introducir unha partida de 200.000 euros que dixeron que atendería a 200 familias e despois trocárono por 150. 

Dende os grupos da oposición preguntamos na Comisión polo funcionamento, nun regulamento que só da cabida as familias con menores ao cargo e non contempla a aquelas que xa reciben o bono de comidas dende o Concello, así como puxemos de manifesto que nós avogábamos por poñer en funcionamento un cheque comedor, dende o grupo de goberno retiraron o asunto do pleno e decidiron tratalo en Xunta de Voceiros. 

A sorpresa a deron hoxe os membros do grupo de goberno coa presenza das técnicas de servizos sociais que preguntadas pola oposición, dixéronos que isto non era un sistema de comedor social, e que era un complemento temporal reeducativo para as familias con menores ao cargo, por iso o do nome de “Comidas Saudables” para a Ordenanza, e que só se dispensará a esas familias e temporalmente para que utilicen correctamente os cheques de Emerxencia Social, poñendo de manifesto as mentiras que nos estiveron contando dende o goberno municipal para intentar vender a atención a moita xente necesitada que non terá solución aos seus problemas con este sistema que non é un Comedor Social. 

Resulta repugnante ver como o Goberno do Señor Calvelo utiliza a fame da xente máis necesitada para facer electoralismo a 4 meses das eleccións municipais, utilizando mentiras como a creación dun Comedor Social que non se contempla dende servizos sociais.
Anterior
Anterior

Boletín nº4 del PSdeG-PSOE de Arteixo, lo encontraréis en locales comerciales y de hostelería, también nos lo podéis pedir.

Siguiente
Siguiente

Alegacións ao Presuposto 2015 do PSdeG-PSOE de Arteixo