Alegacións ao Presuposto 2015 do PSdeG-PSOE de Arteixo
Dende o Grupo Municipal Socialista calificamos os presupostos para 2015 como irreais, ilegais e lonxanos aos problemas da cidadanía e soamente son comprensibles como publicidade en ano electoral.
Cuns ingresos que a interventora tacha de pouco prudentes , chegando case que os 30.000.000 euros, que se salta a torera a estabilidade presupuestaria e a regra de gasto establecida polo goberno de Mariano Rajoy nas suas leis presupuestarias, que non cumpre en materia de gasto de persoal cun incremento de case o 8%, que non cumpre o Plan Económico Financieiro establecido no mes de Marzo de 2014, que non cumpre coa lei de subvencións cun incremento notable das subvencións nominativas, non establecidas por sistemas de concorrencia competitiva, que inclue a partido dun contrato finalizado como é o do plan xeral e non inclue outros como o das reclamación patrimoniais e polígono de Morás, ademais de ter un 12% de subida do gasto corrente no que a interventora pide contención.
Ademais incluimos medidas a tomar neste 2015 co fin de alixerar a presión fiscal que teñen os nosos veciños nas taxas e impuestos municipais, a contención de certas partidas de gasto como a de persoal de confianza, dedicacións exclusivas, publicidade e traballos técnicos en urbanismo e obras onde contamos con numeroso persoal técnico.
Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal Socialista
de Arteixo), con
D.N.I. nº *********, maior de idade e veciño de Arteixo, con domicilio en ***************, con dirección de correo electrónico **************** , este último que se inclúe a
efectos de notificacións, comparece ante o Pleno da Corporación Municipal e
E X P Ó N
O pasado 9 de Xaneiro de 2015,
procedeuse por acordo da maioría do número legal de membros do Pleno da
Corporación á aprobación inicial do “Orzamento xeral para o exercicio económico
de 2013, a plantilla de persoal e a relación de postos de traballo”; o cal, de
conformidade co disposto no artigo 169.1 do real Decreto Lexislativo 2/2004, de
5 de Marzal, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das
Facendas Locais foi exposto ao público, por termo de 15 días hábiles, previo
anuncio publicado no BOP de data 13/01/2013, ao obxecto de que os interesados
poidan examinar o documento e presentar, no seu caso, as reclamacións que
consideren oportunas.
Dentro
do termo concedido ao efecto formúlanse as seguintes:
A L E G A C I Ó N S
PRIMEIRA:
Dende este Grupo Municipal, poñemos de manifesto, un ano máis e xa son tres
consecutivos, que segundo o publicado no BOP do 13 de Xaneiro de 2015 en “Aprobación inicial do Orzamento Municipal
2015”, as reclamacións a dito documento deben de realizarse á atención do
Alcalde - Presidente do Concello de Arteixo. Pois ben, a Lei 7/85 establece no
seu artigo 22.2.E, que as cuestión orzamentarias son competencia exclusiva do
Pleno, sendo esta unha das atribucións consideradas indelegables do artigo 22.4
da mesma lei, polo que consideramos que a publicación
debería establecer que foran dirixidas a
dito órgano competente.
SEGUNDA: Unha
vez máis e despois de que este voceiro, tivera presentado alegacións aos
presupostos do ano 2012, 2013 e 2014 por crer que se tiña incumprido o Real
Decreto Lei 20/2011 no Anexo de persoal. Vemos
como no proxecto de “Orzamento xeral para o
exercicio económico de 2015, a plantilla de persoal e a relación de postos de
traballo”, a
contía no capítulo de persoal aumenta un
7,34% respecto ao ano anterior, nunha lexislatura que pasamos de
7.658.592,14 no ano 2012, 7.954.346,20 no ano 2013, 8.249.743,44 en 2014 e
agora no 2015 un presuposto de 8.855.299,56. Inclúese na RPT a creación de dúas
prazas laborais (operario para o Servizo de Augas) e 3 postos de funcionarios
interinos (1 Enxeñeiro Superior, 1 Técnico de Administración Xeral e 1
Administrativo), ademais da creación dunha nova praza de Arquitecto/a Superior,
recoñecida por sentencia firme dos tribunais. Lévase a cabo a reclasificación do persoal laboral do Grupo VI
ao Grupo V co conseguinte aumento retributivo en salarios de 81.267,20 euros e
13.000 euros en gastos da seguridade social e tamén se procede a equiparar a
subescala auxiliar á subescala administrativa dentro da escala de Admnistración
Xeral e a funcionarización do corpo administrativo.
Parece
difícil de comprender como se intenta xustificar a excepcionalidade na
contratación de novo persoal e os aumentos salariais neste capítulo do
presuposto, despois de terse publicado a Lei
de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2015, que non permiten este
aumento orzamentario, nin ditas contratacións, como ben pon nos puntos 20.1: “En
el año 2015, las retribuciones del personal al servicio del sector público no
podrán experimentar ningún incremento respecto a las vigentes a 31 de diciembre
de 2014, en términos de homogeneidad para los dos períodos de la comparación, tanto por lo que respecta a
efectivos de personal como a la antigüedad del mismo,…”, no punto 20.2, que fala da taxa de reposición en
certos sectores e administracións: “Respetando, en todo caso, las disponibilidades
presupuestarias del Capítulo I de los correspondientes presupuestos de gastos,
la limitación contenida en el apartado anterior no será de aplicación a los
siguientes sectores y administraciones en los que la tasa de reposición se
fijará hasta un máximo del 50 por ciento...” nas que inclúe como posibles da nosa
administración, a Policía Local ou ao persoal dos servizos de prevención e
extinción de incendios e salvamento, pero que no noso caso estaríanos tamén
prohibidos pola situación de inestabilidade orzamentaria como di este artigo
20.2 cando fala da taxa de reposición tanto en Policía Local como no persoal
dos servizos de prevención e extinción de incendios e salvamento, di: “...Además deberán
cumplir el principio de estabilidad al que se refiere el artículo 11.4 de la
Ley Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de Estabilidad Presupuestaria y
Sostenibilidad Financiera tanto en la liquidación del presupuesto del ejercicio
inmediato anterior como en el presupuesto vigente...”. No punto 20.3 que trata da Oferta de Emprego Público di: “Durante el año 2013 no se
procederá a la contratación de personal temporal, ni al nombramiento de
personal estatutario temporal o de funcionarios interinos salvo en casos
excepcionales y para cubrir necesidades urgentes e inaplazables que se
restringirán a los sectores, funciones y categorías profesionales que se
consideren prioritarios o que afecten al funcionamiento de los servicios
públicos esenciales”.
Dende o noso Grupo non consideramos suficientemente
xustificadas as excepcionalidades existentes nos casos tratados con anterioridade
para proceder á contratación de persoal, nun departamento, como o de augas, que
non sufriu trocos importantes que xustifiquen a incorporación de novo persoal,
así como tampouco están xustificados os aumentos salariais incluídos nas
reclasificacións deste documento, algo que debería de ter sido xustificado cun
plan de emprego axeitado.
Resulta bochornoso,
ter que ver como un Concello como o noso, que debería de lucir as súas contas,
teña que incumprir a lei, para levar a cabo o pago da paga extraordinaria
devengada do 2012, por ter incumprido o principio de estabilidade orzamentaria
e polo tanto imposibilitando legalmente dito cobro como di a interventora:
TERCEIRA: Este concello
aprobou o 27 de Marzal de 2014, un Plan Económico Financeiro co obxectivo de
dar cumprimento ó principio de estabilidade orzamentaria, plan que contiña
medidas a executar durante os anos 2014 e 2015, este orzamento segundo a
informa a Interventora Municipal, non da resposta ao compromiso establecido por
este concello nese Plan Económico Financeiro, aumentando en 4.070.000 euros, un
15,96%, algo que a interventora cualifica como contrario á contención do gasto
público, o Plan contemplaba unhas previsións iniciais de 25.438.000 euros, e no pleno de xaneiro,
aprobaron un presuposto de 29.570.000 euros, incumprindo a estabilidade
orzamentaria e a regra de gasto, dúas cuestións que se estableceran como
obxectivos no Plan Económico Financeiro aprobado no 2014 e que recolle de este
xeito a Interventora Municipal no seu informe:
Advertindo que se non son executadas as previsións de
ingresos para este ano 2015 podemos chegar unha situación deficitaria,
advertindo tamén no seu informe cando fala dos ingresos, “...hai que dicir que non son unhas previsións prudentes, o que implica
que en caso de que non se cumpran, podemos atoparnos cunha situación de
déficit.” Engadindo que aínda que “as
previsións de 2014 van a ser cumpridas e, mesmo nalgún caso, superadas,... o
certo é que a prudencia obrigaría a manter un criterio de continuidade nas
previsións, para evitar eses posibles desfases gastos-ingresos, e no caso de
superarse as previsións, adoptar as medidas que prevé a normativa no caso de
maiores ingresos sobre os previstos a través das correspondentes modificacións
orzamentarias que se poderían aprobar ao longo do exercicio”. Ingresos
maiores, como os do IAE son cualificados pola interventora como pouco
prudentes, ao mesmo que fai con outros impostos como o ICIO, ou a previsión de
ingresos recaudados do abastecemento e saneamento ou de licencias urbanísticas
que tamén cualifica de imprudentes.
CUARTA: Unha vez máis e como en
presupostos anteriores, este voceiro, considera de extrema gravidade que, sendo
protagonista este concello por condenas feitas públicas con responsabilidade
económica aparellada, sexan inexistentes neste presuposto, as partidas orzamentarias
precisas para facer fronte ás responsabilidades patrimoniais derivadas da
execución de sentencias firmes contra o Concello de Arteixo, a
posibilidade de ter que facer fronte a calquera destas indemnizacións, sen a
conseguinte consignación orzamentaria, podería levar un procedemento de
execución forzosa sobre os bens municipais. Considera este voceiro que non
incluír a mencionada partida pode chegar a supor un desequilibrio neste
presuposto en caso de ter que facer fronte de modo inmediato a calquera das
mencionadas ou outras sentenzas.
QUINTA: Unha vez examinado o documento de
“Orzamento
xeral para o exercicio económico de 2015, a plantilla de persoal e a relación
de postos de traballo”; observamos que non se incluíu cantidade algunha
para o cumprimento da obriga derivada da sinatura do convenio que máis adiante
se salientará, formulamos esta reclamación co único obxectivo de evitar prexuízos
económicos de imposible o moi difícil reparación a esta Administración Local.
Con data
de 16 de Xullo 2001 asinouse un convenio entre o Alcalde de Arteixo e ol
IGVS, para a creación dun parque empresarial e na súa “ESTIPULACIÓN
TERCEIRA” establécese
textualmente: “…….Cederanse o Concello, libres de cargas, os viais e
servizos previstos no proxecto de urbanización, os parques e xardíns públicos,
a zona deportiva pública, os aparcamentos públicos e os terreos precisos para a
instalación e funcionamento dos restantes servizos públicos necesarios, sempre
que estean determinados no Plan Parcial de Ordenación e queden afectados ós
respectivos fins, así como o 10% de aproveitamento tipo da área de reparto, si
o Concello contribúe economicamente co 10% dos custos da obra de urbanización
no caso contrario, a edificabilidade a entregar será reducida proporcionalmente.”;
e na “ESTIPULACIÓN CUARTA” dise: “……..Os servizos exteriores do Polígono,
necesarios para o normal funcionamento do mesmo, executaranse polo IGVS,
incluídos os proxectos técnicos correspondentes. O seu financiamento correrá a
cargo do Concello nun 50% e do IGVS noutro 50%......”
Instruído,
con “posterioridade” á sinatura do citado convenio, expediente administrativo,
no que figuran informes favorables da intervención municipal de data
19/07/2001, e informe conxunto emitido pola Secretaria Xeral e Arquitecto
Municipal de data 17/07/2001; o Pleno da Corporación Municipal na súa sesión
celebrada o 19 de Xullo de 2001, por acordo adoptado en votación ordinaria e
por maioría (dezasete votos a favor, doce do PP e cinco do PSOE e unha
abstención do BNG), RATIFICOU DITO CONVENIO
No Informe emitido polo Interventor Municipal o 19 de
Xullo de 2001, na consideración segunda di: “Inexistencia de compromisos de
gasto con cargo ó Orzamento corrente. Necesidade de realizar consignación
orzamentaria suficiente en exercicios sucesivos.- Examinado o texto do
borrador do Convenio, non se atopa por parte deste interventor ningunha
cláusula que implique a imputación dalgún gasto con cargo o Orzamento do
exercicio corrente, pois enténdense que o 50 por cento do custo dos servizos
exteriores que deberá financia-lo Concello, acordouse co estipulado no parágrafo
4 da cláusula cuarta, así como o posible 10 por cento dos custos da obra
urbanizadora, en ningún caso serán esixibles no presente exercicio presupostario.
No seu momento, cando deban ser executadas as obras que den lugar ós
referidos gastos, deberase presupostar o importe correspondente………”
Polo
tanto, o Concello de Arteixo, en virtude do referido título (convenio)
comprometeuse a financiar o 50% das obras exteriores do polígono de Morás,
-accesos viarios, abastecemento de augas, evacuación de augas residuais, etc…, e a contribuír economicamente co 10% do costo
das obras de urbanización do parque empresarial, para poder recibir o 10%
do aproveitamento tipo da área de reparto.
Debido á posible
finalización das obras do polígono de Morás, que comezaron o día 20/04/2009, e
que tiñan un prazo de execución ata Outubro de 2012, polo que xa deberían terse
finalizado durante exercicios anteriores, é motivo máis que suficiente para
que, de conformidade co establecido no informe emitido no seu día polo
interventor municipal, CONTÉMPLESE NO
DOCUMENTO DE PRESUPOSTO XERAL a PARTIDA ou PARTIDAS NECESARIAS para facer
fronte a tales obrigas, co fin de evitar os posibles prexuízos derivados dun
incumprimento inxustificado do estipulado entre o Concello de Arteixo e o IGVS.
Baste dicir, a modo de exemplo, que a non achega do 10 por cento dos costos das
obras de urbanización, implicaría que o Concello non recibiría o 10% de
aproveitamento tipo, da área de reparto, cun valor de mercado moi superior á achega
que ten que realizar o Municipio.
SEXTA: A interventora advirte no
seu informe, que un ano máis se produce un incremento significativo no gasto
corrente, este ano dun 12,04%, o maior dende o ano 2012, este gasto cualificado
pola interventora como estrutural, dispárase e advirte da necesidade de levar a
cabo medidas de contención, xa que se continúan incrementando este gasto pode
levar en próximos exercicios a que os recursos non sexan suficientes para a súa
atención.
SÉTIMA: Nas Bases
de Execución deste orzamento contémplase, unha vez máis, un incremento das
subvencións nominativas, incumprindo o artigo 22 da Lei 38/2003 Xeral de
Subvencións, que establece o procedemento ordinario para a concesión de estas
subvencións que se deberían de tramitar en concorrencia competitiva, a propia
interventora un ano máis di que non se está a utilizar dita concorrencia na
concesión de ditas subvencións e que é necesario reconducir esta situación ao
previsto como ordinario pola devandita normal legal, debendo de xustificarse de
xeito exhaustivo en cada caso a oportunidade de concesións de xeito nominativo
e o que se atopa é que un 44,48% do capítulo 4 excluíndo as achegas doutras
administracións, é dicir, uns 880.375,00 euros, contando coas incluídas no
capítulo 7, son subvencións nominativas, convertendo a excepción, case en regra
xeral, impedindo a concorrencia e competitividade na actividade de fomento da
administración. Faise inescusable aprobar unha ordenanza e un regulamento que
remate coa discrecionalidade e a arbitrariedade do sistema actual para conceder
subvencións cos cartos dos administrados.
NOVENA: O
documento de Presupostos aprobado recolle unha partida denominada 22716 de 106.451,75
euros para o Plan de Ordenación Urbana.
O
30/12/2008 formalizouse o contrato entre o Concello de Arteixo e a
"UTE-ARNAIZ CONSULTORES, SL-TINSA CONSULTORIA SAU"- ARTEIXO co
obxecto da Redacción do Plan Xeral do Concello de Arteixo, en virtude do acordo
Plenario do 30/12/2008.
Dito
contrato, establecía na súa claúsula primeira o compromiso do contratista á execución
do referido contrato administrativo de servizos
conforme a súa oferta e con estrita suxeción ao seguinte cronograma que
figuraba no prego de claúsulas administrativas particulares:
Foi a oferta
realizada polo contratista.
Cronograma
que figura no prego de clausulas administrativas.
Posteriormente
o 21/12/2010 formalizouse a primeira
modificación do Contrato de Redacción do Plan Xeral do Concello de Arteixo, en virtude do acordo
plenario do 21/12/2010; establecéndose neste derradeiro documento como prazo de
execución (clausula terceira) o sinalado nos pregos, se ben modulado polos
compromisos adquiridos polo adxudicatario na súa oferta que supoñen redución
dos mesmos. Engádense en dita clausula terceira que se terá en conta o novo
cronograma comunicado pola Xunta de Galicia
do seguinte tenor literal:
1. A
claúsula 3ª do prego de claúsulas administrativas relativa a "prezos do
contrato e financiación" establecía que "......o contrato financiarase con cargo ás partidas
correspondentes do Orzamento Municipal ordinario para o ano 2008 e as
correspondentes previstas nos Orzamentos
do exercicio 2009, 2010 e 2011 e se se aplica a prórroga 2012 e 2013".
2. Na
claúsula 4ª do mesmo prego, referente ao "Prazo de Execución" dise que
"O contrato terá unha duración de catro anos a contar dende a data
de formalización do mesmo. .........", este é 30/12/2008; é dicir o prazo de execución non podería estenderse
más aló do 30/12/2012, ao marxe da
oferta - amplamente incumprida- realizada pola UTE.
3. Finalmente a claúsula 5ª sobre a
"Prorroga do Contrato" sinala que "O artigo 279 da LCSP,
establece que os contratos de servizos terán unha duración máxima de catro
anos, coas condicións límites
establecidos nas respectivas normas orzamentaria das Administracións Públicas,
se ben poderá preverse no mesmo contrato a súa prórroga por mutuo acordo das
partes antes da finalización de aquel, sen que a duración total do contrato,
incluídas ás prórrogas, poida exceder de seis anos, nin estas poidan ser
concertadas illada ou conxuntamente por un prazo superior ao fixado
orixinalmente. Polo tanto o presente contrato poderá ser obxecto de prórroga
anual por un período máximo de dos anos cando por causas non imputables a
administración nin ao contratista non sexa posible a súa recepción no pazo de
execución fixado na cláusula anterior". Atendendo ao anteriormente exposto, e no mellor dos escenarios -que
non é o caso- podendo entenderse que
existe algún tipo de xustificación distinta da do mero incumprimento das
obrigas adquiridas pola UTE
ARZANIZ-TINSA, e poidera darse a remota e improbable posibilidade de
entender que exitiu unha prórroga do contrato polo tempo máximo legalmente
permitido, a data límite non podería exceder en ningún caso a do 30/12/2014.
Polo
tanto, dende a nosa interpretación legal, o contrato debería de estar resolto e
polo tanto non debera existir partida para algo inexistente como é este contrato
de servizos.
DECIMA: Dende o Partido Socialista
temos claro que existen certas medidas que dende o goberno municipal deberían
de adoptarse aínda a costa de ter uns menores ingresos no noso concello, pero
que dito alivio fiscal, e gastos superfluos sería moi agradecido por uns
cidadáns que están a pasalo moi mal pola crise económica que estamos a vivir, e
poderían compensarse baixando certas partidas que tamén aquí contemplamos e
eliminando algúns investimentos innecesarios:
- Creación dunha partida para un levar a cabo un Plan Especial contra os desafiuzamentos:
Un Plan realizado polos
técnicos municipais, representantes municipais e plataformas contra os
desafiuzamentos, que estea dotado economicamente para facilitar axudas ao
aluguer e axudas para evitar o corte de suministros básicos como auga, gas ou
luz e axudas á alimentación. Que revise os protocolos de actuación de Servizos
Sociais nos casos de desafiuzamento, e colabore á hora de pedir aos xuíces a
suspensión do desafiuzamento cando este sexa por motivos económicos e se refira
á vivenda única e habitual. Que dote de financiación para a adquisición de vivendas
de Protección Oficial de carácter municipal aos propietarios que non poidan
facer fronte a súa hipoteca para posteriormente realugalas con opción a
recompra futura, cláusula que debera figurar en todos los alugueres sociais.
Que cree a Oficina de Intermediación Hipotecaria Municipal para poder axudar ás
persoas afectadas polos desafiuzamentos, coa colaboración dos servizos
xurídicos do Concello, que intermedie coas entidades financeiras que operan no
municipio para esixirlles a paralización dos desafiuzamentos e a condonación de
débedas ilexítimas froito do actual proceso de execución hipotecaria, coa
indicación de que en caso contrario, procederase á retirada dos fondos
municipais de ditas entidades. Que fomente a educación financeira dende a idade
escolar, complementado con accións formativas e divulgativas para adultos.
Realizando tamén campañas publicitarias periódicas que preveñan o endebedamento
excesivo.
- Implementar novas bonificacións de ata o 100%, para a gratuidade das actividades educativas, deportivas e de ocio (campamentos) e aquelas actividades que organicen os centros escolares onde estean inscritos os fillos das familias beneficiarias.
- Implementar bonificacións nos impostos de IBI e IVTM ata o 100% nos casos de familias en paro e con risco de exclusión social.
- Modificar á baixa as diferentes taxas e prezos públicos do 2015, establecendo bonificación nas taxas de certos servizos para aquelas familias que se atopen en risco de exclusión social.
- Introducir una partida para un PLAN DE TRANSPORTE MUNICIPAL: Introducindo bonificacións municipais para os desprazamentos das familias do noso concello, mediante una tarxeta ou bono bus que permita a mobilidade destes, negociando a fórmula coas empresas de transportes que exercen o seu servizo público en Arteixo.
- Establecer bonificacións nas taxas para o uso das instalacións deportivas en edificios municipais de xestión privatizada e outros dependentes do Concello de Arteixo, e tamén para as actividades culturais, de ocio e tempo libre que sexan sustentadas con recursos públicos.
- Adecuación da partida 22.799 as necesidades reais do noso pobo, para crear un cheque comedor para aquelas persoas en situación de desemprego ou con pensións reducidas, firmando convenios cos locais de hostalería do noso Concello, facendo unha dobre misión, a de facilitar unha comida digna para os nosos veciños con máis problemas económicos e unha reactivación dos locais de hostalería que se acollan ao convenio
- Redución dun 50% das partidas destinadas a publicidade e atencións protocolarias.
- Redución dun 50% dos gasto das partidas destinadas para traballos técnicos realizados por outras empresas en departamentos como Urbanismo e Obras.
- Redución do número de dedicacións exclusivas a tres: Alcaldía, Obras e Servizos e Urbanismo, por ser irrelevante o traballo que realizan os concelleiros que gozan de dedicación exclusiva no resto dos departamentos.
- Redución do número de Asesores, persoal de confianza do Goberno Local, de tres a un.
O
anteriormente relacionado é perfectamente atribuíble ao previsto no apartado
2.b) do art. 170 do Decreto Lexislativo 2/2004 de 5 de Marzal, polo que se
aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais que establece
como unha das causas polas que poden entaboarse reclamacións contra o presuposto:
“ a) Por non terse axustado a súa elaboración e aprobación aos trámites
establecidos nesta Lei”, “b) Por omitir
o crédito necesario para o cumprimento de obrigas esixibles á entidade local,
en virtude do precepto legal ou de calquera outro título lexítimo.”
Por todo o exposto, é polo que se
S O L
I C I T A
1.- Como
consecuencia do caso primeiro e se non son atendidas as posteriores
reclamacións, sexa publicado novamente o documento orzamentario, abrindo unha
nova fase de alegacións por considerar a primeira publicación viciada de
nulidade. En caso de non ter atendida esta reclamación, entendemos que deberá
considerarse calquera escrito ou solicitude de carácter económico dirixido ao
Alcalde-Presidente no prazo de reclamacións, como unha reclamación ao
presuposto en si mesma.
2.- Que se teñan
por formuladas as anteriores ALEGACIÓNS ao documento “Orzamento xeral para o
exercicio económico de 2015, a plantilla de persoal e a relación de postos de
traballo” e en consecuencia, se proceda
a iniciar novamente o proceso de “Aprobación do Presuposto 2015…”, onde se inclúa:
·
O cumprimento da Estabilidade Orzamentaria
establecida pola Lei Orgánica 2/2012 de
Estabilidade Orzamentaria e Sostibilidade Financeira.
·
Se adapte á Plantilla de persoal e a RPT ás
limitacións da Lei de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2015.
·
Se cumpra o Plan Económico Financieiro que este
concello aprobou o 27 de Marzal de 2014.
·
Se consigne a partida orzamentaria necesaria para
facer fronte as indemnizacións económicas derivadas das sentenzas condenatorias
que foron ditadas contra o noso concello.
·
Se inclúan no mesmo a partida ou partidas
necesarias, para atender ás obrigas
contraídas no acordo plenario de data 19 de Xullo de 2001, relativas ao financiamento do 50% das obras
exteriores e 10% das obras de urbanización do Parque de Actividades Económicas
de Arteixo (Polígono de Morás).
·
Se leven a cabo medidas de contención do gasto
corrente, como advirte a Interventora no seu informe.
·
Establecer un Plan de Adecuación do Sistema de
Subvencións, que cumpra o artigo 22 da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións,
redactando un novo regulamento e unha ordenanza, que se rexan polo principio da
concorrencia competitiva.
·
Eliminación da partida 22716 de 106.451,75 euros
para o Plan de Ordenación Urbana.
·
Levar a cabo o estudio e inclusión das medidas
redactadas no punto 10 de medidas orzamentarias a tomar contra a crise.
Arteixo,
a 30 de Xaneiro de 2015