Martín Seco García (Candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Arteixo): “Suevos necesita dun goberno que faga unha ambiciosa política medioambiental para garantir a calidade de vida da súa veciñanza, ademais de implementar unha correcta política de emprego nunha poboación con altos índices de paro”
O
candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Arteixo, Martín Seco García,
reuniuse coa Asociación de Veciños San Gregorio de Suevos, nunha
das múltiples reunións que os compañeiros do Partido Socialista
teñen nestas datas coas asociacións do noso concello, co motivo de
tomar nota dos problemas dunha parroquia que necesita dun goberno que
planifique un ambicioso futuro para un núcleo rodeado de industria e
infraestrutura.
Nunha
parroquia onde están a chegar unha morea de infraestruturas sen que
no seu día o goberno do PP, planificase e defendese o futuro destes
núcleos de poboación, é necesario dun goberno que teña claro que
a única fórmula de garantir o benestar destes veciños pasa polo
desenrolo dunha ambiciosa política medioambiental, que poña freo os
posibles ataques á salubridade deste núcleo de poboación por parte
da industria e a infraestrutura, despois dunha lexislatura con
inexistente política medioambiental, faise completamente necesario
que un novo goberno desenrole sistemas e actuacións que obriguen a
cumprir ás empresas cos índices de calidade ambiental esixibles a
calquera núcleo de poboación.
Resulta
imprescindible tomar accións contra os vertedoiros ilegais da
parroquia, preto de Mafriesa e na Barreira, ter un plan de
eliminación da folla da Pampa que está a inundar a xeografía deste
núcleo, esixir a eliminación dos olores procedentes de SARIA e
outras actuacións medioambientais.
A
inaprazable inversión no sistema de saneamento que circula cara o
pozo de bombeo e que actualmente fai que o rexistro da parte de
abaixo da parroquia estea botando por fora en continuo, a consecución
dos terreos da Fraga por parte do concello para uso veciñal, a
consecución de que os veciños de Suevos poidan utilizar a vía de
acceso ao Porto de Punta Langosteira, a construción de beirarrúas
na vía da deputación e a urxente limitación da tonelaxe dos
vehículos que baixan por esta son outras das esixencias veciñais que
compartimos.
Pero
sen dúbida o principal problema desta parroquia e do noso concello
en xeral son os inaceptables índices de paro que temos no noso
concello, que poñen en evidencia unha errónea política de emprego
e formación, que fai necesario que un goberno aposte por unha
formación axeitada ás necesidades do noso concello, que faga que a
Xunta troque o mapa de especialidades formativas na comarca e que se
leve a cabo unha verdadeira política de asesoramento aos
emprendedores e poña en marcha unha auténtica axencia para o
emprego que lle poña solución ao problema máis importante de
Arteixo.