Martín Seco García (Candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Arteixo): “A unanimidade da asamblea local do PSdeG- PSOE de Arteixo, elixe unha candidatura para os comicios de Maio, chea de xente xoven e ilusión, para converter Arteixo nun concello transparente, dinámico e participativo”


A asamblea de afiliados do PSdeG-PSOE de Arteixo elixiu por unanimidade a candidatura que presentará aos comicios do mes de Maio, unha candidatura elaborada coa premisa de converter a Arteixo nun concello transparente, dinámico e participativo, que abandone as fórmulas de facer política do século pasado e que aporte solucións aos graves problemas da nosa cidadanía, como son a falla de emprego, de servizos e de cobertura social.

O candidato á Alcaldía de Arteixo mostrábase moi ledo e ilusionado por ter rematado un proceso de renovación na agrupación local que frutifica nunha candidatura que debe ser un referente para o futuro do desenrolo do noso concello.

Os membros da candidatura presentaron a súa declaración de bens e patrimonio, ademais de asinar o seu compromiso ético coa nosa organización e coa sociedade, ademais de comprometerse a traballar para o noso concello de xeito altruísta e co obxectivo de servir á sociedade arteixá e non servirse dela.


A candidatura está formada por membros representativos de toda a xeografía do noso concello, que coñecen as necesidades dos nosos múltiples núcleos de poboación, por desenrolar a súa actividade diaria no noso territorio, en contraposición por aqueles que só aparecen como concelleiros no noso territorio e despois dormen, mercan e desenrolan os seus momentos de ocio vital noutros concellos da área metropolitana.

A candidatura continuará nestas datas co desenrolo dun programa electoral feito por e para as persoas deste concello, que poña en primeira liña as solucións aos problemas máis importantes que ten a veciñanza, solucións para problemas comúns e non só para uns poucos, para elo continuamos con reunións cos diferentes colectivos do noso territorio.




Anterior
Anterior

Martín Seco García (Candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Arteixo): “Suevos necesita dun goberno que faga unha ambiciosa política medioambiental para garantir a calidade de vida da súa veciñanza, ademais de implementar unha correcta política de emprego nunha poboación con altos índices de paro”

Siguiente
Siguiente

Solicitud de caducidad del contrato del Plan General imputado a la empresa redactora