O PSdeG-PSOE de Arteixo felicítase porque o goberno recolla a nosa iciciativa de liberar a pease da AG55 en Pastoriza "Autopista Coruña-Carballo"


O día 28 de Novembro o PSdeG-PSOE de Arteixo, foi o primeiro que propuxo facer unhas alegacións ao Estudio Informativo da mal chamada cuarta ronda, pedindo a supresión da peaxe da AG55 e solicitoulle ao alcalde Calvelo que informase aos veciños deste estudio. Esta supresión consideramos que serìa a mellor noticia para Arteixo a nivel de infraestructuras que puidéramos darlle aos arteixans, no primeiro momento, o goberno local non abrazou esta proposta, criticando incluso ao noso partido e posteriormente outros partidos e asociacións se sumaron a nosa proposta.

Hoxe o goberno municipal presenta as alegacións a dito documento e sorpréndenos coa toma en consideración da iniciativa plantexada polo noso grupo. Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo dámoslle a noraboa ao PP pola decisión, só faltou unha parte moi importante, que é facelo consensuado cos veciños, pero hoxe imos a celebrar esta decisión e ter sido o partido que propuxo esta medida.

Anterior
Anterior

Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE en Arteixo): “A veciñanza está moi preocupada pola aparición de facturas con altos importes, ao mesmo tempo que día tras día soportan a baixa calidade da auga para consumo en Arteixo”.

Siguiente
Siguiente

Martín Seco García (Sº Xeral do PSdeG-PSOE en Arteixo): “Dende o PSdeG-PSOE pedímoslle unha vez máis ao señor Calvelo, que convoque aos representantes públicos e ao resto dos veciños, para consensuar iniciativas conxuntas no relativo ao ESTUDIO INFORMATIVO PROLONGACION DO ACCESO AO PORTO EXTERIOR, defendendo o mellor para o noso concello, a eliminación das opcións 1 e 2, e a defensa da eliminación da peaxe da AG55”