Martín Seco García (Voceiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE en Arteixo): “A veciñanza está moi preocupada pola aparición de facturas con altos importes, ao mesmo tempo que día tras día soportan a baixa calidade da auga para consumo en Arteixo”.


Son moitos os veciños que nos amosan a súa preocupación polas facturas que ultimamente está cobrando o servizo de augas de Arteixo, con importes que multiplican por tres o importe que antes pagaban regularmente, incluso coa aparición nalgúns casos de importes completamente anormais para o consumo familiar.

Algúns veciños chegan a afirmarnos que incluso se lle cobraron ata en dúas ocasións a mesma factura por parte do servizo de auga e noutros casos achacan problemas de fugas internas para facer que unha factura habitual de 30 euros pase a ser de 90 euros, situación moi gravosa para algunhas familias, nestes tempos de crise que estamos a vivir.

Por outra banda dende o Grupo Municipal Socialista pedímoslle ao Grupo de Goberno do PP que faga un esforzo por manter unha óptima calidade na auga para o consumo e o aseo das familias, posto que son continuas as chegadas de auga sucia, algo que antes resultaba anecdótico e que agora fai que as familias teñan que mercar auga embotellada para o seu consumo e se pensen dúas veces se lavar aos seus fillos en augas que en moitos casos da verdadeiro noxo.
Anterior
Anterior

Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “O Goberno Local debería de escoitar e solucionar os graves problemas dos veciños de Laradas nas obras e infraestruturas realizadas no seu barrio”

Siguiente
Siguiente

O PSdeG-PSOE de Arteixo felicítase porque o goberno recolla a nosa iciciativa de liberar a pease da AG55 en Pastoriza "Autopista Coruña-Carballo"