Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “O goberno local ten a obriga de supervisar as obras que fan para o concello para non ter que soportar o desastre de Rañobre coa traída e o saneamento”
Os veciños de Rañobre están completamente abraiados pola falla de control nas obras que están a levar a cabo dende o concello de Arteixo, tendo que soportar como neste fin de semana pasado reventou unha canalización recentemente instalada no seu núcleo, nunha via que estaba asfaltada de fai poucas datas.
Xa son moitos os veciños que nos alertan da mala realización das obras de traída e saneamento deste núcleo, con entronques sen rematar, conexións sospeitosas de unir fecais con pluviais e despois dun largo período de espera para poder ver o seu fin.
Dende o Grupo Municipal Socialista de Arteixo pedímoslle ao goberno que teña a ben supervisar e controlar as obras que fai o concello e que fale cos veciños de Rañobre polas desfeitas que fixeron no seu territorio e que xa avanzamos que traerán máis problemas no futuro.