Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “O Grupo Parlamentario Socialista no Parlamento de Galicia rexistra iniciativas parlamentarias tralas continuas decepcións que veñen de sufrir os veciños de Meicende, polo incumplimento do PP da promesa de que o bus do Concello de A Coruña pare neste nucleo do noso concello”



No día de onte, o PSdeG-PSOE púxose en contacto co Grupo Parlamentario socialista para reclamarlle que levase iniciativas parlamentarias para que o goberno da Xunta de Galicia informe sobre o continuo incumprimento do PP en materia de transportes e concretamente na posibilidade de que o bus urbano de A Coruña faga paradas no núcleo de Meicende por onde xa fai o seu percorrido.

Vemos observando como o señor Calvelo ven prometendo durante toda a lexislatura melloras para a zona norte de o noso concello e todo queda en promesas sen executar, as paradas do bus de A Coruña en Meicende, a circunvalación deste núcleo, a zona deportiva en Pastoriza, o centro médico de Vilarodís, o Plan Xeral e outras moitas cousas que seguen sen estar executadas a practicamente seis meses de rematar a lexislatura, mentres o alcalde e os seus compañeiros poñen o seu interés e traballo en desenrolos urbanísticos que benefician a uns poucos.

Dende o noso Grupo Municipal reclamamos máis execución e menos propostas que leva o vento e sería desexable que o señor Calvelo tomase da súa propia menciña, cando dicía que o anterior goberno municipal non fixera nada pola zona norte do concello e agora esteamos na mesma situación case co mesmo tempo de goberno nas súas costas, deixando só a finalización da construción do Centro Cívico de Meicende, que o anterior grupo de goberno deixou xestionado.




Anterior
Anterior

Martín Seco García (Sº Xeral e Voceiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “O goberno local ten a obriga de supervisar as obras que fan para o concello para non ter que soportar o desastre de Rañobre coa traída e o saneamento”

Siguiente
Siguiente

Martín Seco García (Sº Xeral do PSdeG-PSOE en Arteixo): “Como un militante máis, comezo o proceso para recoller avais e poder presentarme en primarias a ser candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Arteixo e quero comezar coa mesma transparencia que desexo implantar no noso municipio”