MOCIÓN QUE PRESENTA O GRUPO SOCIALISTA DO CONCELLO DE ARTEIXO SOBRE O CANON DE BIBLIOTECAS.
Martín Seco García na súa condición de Voceiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Arteixo, con DNI 33336132-R e domicilio en Travesía de Arteixo 112 2ºD, CP 15142 de Arteixo, comparece e como mellor proceda en dereito DI:
Que o abeiro do disposto nos artigos do Regulamento Orgánico de Arteixo, presenta á consideración do Pleno da Corporación Municipal a seguinte:
MOCIÓN
EXPOSICIÓN
DE MOTIVOS:
A propiedade intelectual ten cabida e recoñecemento no artigo 33.1 da Constitución, corresponde aos poderes públicos artellar un sistema legal que permita aos autores ver debidamente retribuído o seu traballo e, ao mesmo tempo, garantir o dereito da cidadanía de acceso á cultura.
España,
como os demais membros da Unión Europea, vén obrigada á
transposición da Directiva 2006/15/CE na que figura o mandato de
implantar un canon por préstamo bibliotecario, tal como xa existe
nalgúns estados europeos desde a primeira metade do pasado século
(1943).
Este
canon grava a todas as bibliotecas públicas, incluídas as
municipais que son as máis utilizadas no noso país o que supón
unha eiva económica no acceso a elas. Por tal motivo, corresponde ás
autoridades de cada Estado membro acadar a fórmula máis idónea
para harmonizar o lexítimo dereito dos autores co dereito
fundamental á educación e á cultura de toda a cidadanía.
Non
obstante, o Real Decreto 624/2014, de 18 de xullo, polo que se
desenvolve o dereito de remuneración ós autores polos préstamos
das súas obras, realizados en determinados establecementos
accesibles ó público, non ten presente a precariedade orzamentaria
dos concellos, e a situación precaria das bibliotecas públicas
necesitadas de
recursos e con graves dificultades até para manter e conservar os
seus fondos e instalacións.
Ademais
non se pode descoñecer que a industria cultural do libro comporta o
38,1 % do total da achega da cultura ao PIB español e, sen dúbida,
as bibliotecas son un elemento fundamental para o desenvolvemento
desa actividade editora.
Na
regulación aprobada o canon non será pagado polos usuarios das
bibliotecas. No seu lugar farano as administracións públicas
titulares das bibliotecas, o que supón un gran gasto engadido nun
momento económico e orzamentario de especial dificultade para as
entidades locais.
Polo
tanto, resulta necesario que o Estado e a Comunidade Autónoma de
Galicia no eido das súas competencias, incrementen as partidas
orzamentarias destinadas á rede de bibliotecas públicas
incorporando unha partida específica para facer fronte ao canon por
préstamo bibliotecario, tras acadar un compromiso coas entidades
xestoras dos dereitos dos autores no senso de destinaren unha parte
relevante deses ingresos a funcións de carácter social (bolsas,
asistencia...) e á adquisición de novos fondos bibliográficos
dentro dos límites que se determinen.
Por
todo iso, o Grupo Municipal Socialista no Concello de Arteixo
solicita se someta a votación a presente MOCIÓN, e a adopción dos
seguintes acordos:
Instar
ao Goberno Galego para que:
1.- Se dirixa ao Goberno central e lle solicite que nos orzamentos para o ano 2015 e progresivamente nos vindeiros exercicios, aumente a partida orzamentaria para a adquisición e a renovación de fondos por parte das bibliotecas públicas e asuman, así mesmo, unha partida específica suficiente para sufragar o canon por préstano bibliotecario e que, en todo caso, cubra a totalidade do canon nos municipios de menos de 50.000 habitantes
2.-Requira do Goberno de España que tamén incorpore aos orzamentos para o ano 2015 unha partida específica para colaborar no pago de dereitos que teñen que levar a cabo os museos, arquivos, hemerotecas, fonotecas e filmotecas de titularidade pública, así como por parte de todas aquelas entidades culturais, educativas e científicas que se determinen
3.-Na Conferencia Sectorial de Cultura propoña a revitalización do Plan de fomento da lectura e para que demande do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, a elaboración dun plan de apoio ás bibliotecas dos pequenos municipios en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias
4.-No exercicio das súas competencias, aprobe unha partida específica nos orzamentos da comunidade para apoiar ás bibliotecas públicas galegas, singularmente ás municipais, colaborando coas demais administracións públicas no pago do canon por préstamo, e reforzando a adquisición de novos fondos, e a conservación dos existentes
5.-Elabore un programa específico de fomento e apoio á industria do libro e a lectura.