MOCIÓN SOBRE A SITUACIÓN DA SANIDADE PÚBLICA EN ARTEIXO
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
A Atención Primaria deixou de ser una prioridade para o Sistema Nacional de Saúde, con graves consecuencias asistenciais e socioeconómicas. A situación está sendo agravada pola crise económica e as restricións orzamentarias. Pasamos de ter un sistema sanitario envexado polos países máis desenrolados economicamente, baseado no fortalecemento da Atención Primaria e no concepto de servizo público básico e esencial dos dereitos dos cidadáns, ata convertelo nun sistema que, coa escusa da situación económica do noso país, quérese desmantelar. A crise da sanidade é consecuencia dunha crise institucional e económica e non ao revés.
A sanidade española está inmersa nun duro proceso de recortes e privatizacións impulsados polos gobernos neoliberais a nivel central e nas CCAA. Convén facer algunhas reflexións sobre cales son os intereses e quen sae ganando ca privatización e quen vai perder neste proceso.
Os que gañan son as grandes aseguradoras, a industria farmacéutica e de tecnoloxía sanitaria que teñen a oportunidade de ampliar o seu negocio.
Os que perden son os cidadáns en xeral que sufrimos os recortes nos dereitos sanitarios, que debemos pagar máis por unha asistencia sanitaria que antes se financiaba con impostos e que agora teremos que contratar seguros privados para complementar a menor oferta de servizos da atención sanitaria pública. Perden as persoas con menos recursos, desempregados, parados, os pensionistas que verán dificultado o acceso as prestacións sanitarias por carecer de cartos para afrontar os múltiples copagos. Perden as persoas maiores, os enfermos crónicos, os discapacitados que necesitan máis atención sanitaria e maiores recursos terapéuticos e rehabilitadores. Perden os profesionais e traballadores da Sanidade que perderon salarios, dereitos laborais, estabilidade no emprego e postos de traballo. Perde tamén a economía española que cos recortes nos servizos sanitarios e socio-sanitarios reduce os postos de traballo que estimularían a economía e reducirían a elevada taxa de desemprego.
Hai que lembrar que os sistemas públicos universais e accesibles son necesarios para manter a forza do traballo que se asocia a mellores niveis de desenrolo económico e social.
A realidade é que recortan, recortan e seguen recortando hasta tal punto que a maioría dos médicos de Atención Primaria están soportando cargas de traballo excesivas, que en moitos casos se ven incrementadas pola falta de contratación de substitutos para cubrir as ausencias por vacacións dos seus compañeiros. As patoloxías non se van de vacacións, pero os médicos sí.
A nivel asistencial a Atención primaria sufre as peores consecuencias durante o período estival porque non se está a substituir aos facultativos, polo que os médicos vense obrigados a dobrar quendas para cubrir aos compañeiros ou cérranse consultas, como ocorre no centro de saúde de Arteixo e cando os especialistas están de vacacións ou están de baixa por Incapacidade Temporal, non se cubre a súa praza tendo que desprazarse os usuarios aos concellos limítrofes ou esperar a súa volta. Ademais coa diminución dos médicos de urxencia do PAC de Arteixo a un só facultativo moitas veces atópase o servizo desasistido por ter este profesional que sair a algunha urxencia.
Os cadros de persoal son insuficientes porque ca crise recortáronse aínda máis, non se cobren as xubilacións ou defuncións, e cando se cobren faise con contratos precarios e a tempo parcial. Remarcar que, según o boletín estatístico do Ministerio de Facenda, desde o ano 2012 perdéronse 28.496 prazas no Sistema Nacional de Saúde. Non se pode comprender que entre xuño de 2013 e xaneiro de 2014 as plantillas creceron en 3.403 empregados públicos e de forma discriminatoria nas Institucións Sanitarias do Sistema Nacional de Saúde perdéronse 5.953 postos.
Sen embargo, e por desgraza o que se está producindo é unha diminución progresiva do orzamento dedicado a Atención Primaria, que pasou do 15,63% en 2007 ao 14,82% en 2012, totalmente insuficiente e moi lonxe do 25% de orzamento sanitario considerado como imprescindible para o bo funcionamento do sistema polas autoridades sanitarias internacionais.
Ademais de todo isto, temos que soportar como segue sen desenrolarse o novo centro de saúde de Vilarodís e dende o SERGAS son incapaces de poner unha quenda de tarde no centro de saúde de Meicende, por non falar do estado lamentable que se atopa o Centro de Saúde de Arteixo, vello, deteriorado e sen o mantemento desexado como indican as fotos adxuntas de estos días pasados.
Por todo iso, este grupo que represento solicita a adopción dos seguintes
ACORDOS:
- Instar á Consellería de Sanidade:
1º.- A dotar dun financiamento suficiente e adecuado a Atención Primaria (AP) para conservar a calidade asistencial xa que o exercicio da profesión médica nestas condicións tan adversas podería causar un incremento de erros médicos involuntarios.
2º.- Ofrecer unha maior capacidade de xestión aos profesionais de AP para conseguir a equidade e a eficiencia na xestión porque quen mellor coñece a forma de mellorar o sistema, de facelo costo-eficiente, son precisamente os médicos e profesionais.
3º.- Levar a cabo a construcción inmediata do Centro de Saúde de Vilarodís.
5º.- Recuperar o segundo médico do PAC de Urxencias de Arteixo.
6º.- Levar a cabo con premura unha rehabilitación integral do Centro de Saúde de Arteixo
- Instar ao Concello que leve a cabo con premura os traballos de mantenimiento para que o Centro de Saúde de Arteixo teña unha imaxe axeitada.
En Arteixo, a 23 de Xullo de 2014