“Instamos ao goberno local do Señor Calvelo a que actúe con sentido común e como alcalde de todos, cumprindo as sentenzas favorables aos traballadores como a do vixiante do Monticaño, ademais de actuar con premura no adecentamento do Parque do Monticaño como piden os veciños”
O mes pasado o
Grupo Municipal Socialista denunciaba o mal estado do Parque do Monticaño e
levaba ao pleno unha serie de preguntas ao grupo de goberno para ver se eran
coñecedores da situación e do malestar da veciñanza ante dito abandono do
parque forestal. Ademais de facela denuncia e preguntar polo estado de dito
parque, dende o Grupo Socialista preguntamos pola situación na que se atopaba o
vixiante do parque forestal.
Dende o Grupo de
Goberno do PP, contestaron que a situación do parque era a idónea e que eran
descoñecedores da situación do vixiante de dito parque, mentindo a tódolos
veciños posto que eran coñecedores da denuncia presentada contra o concello e
que existía neses momentos unha sentencia que lle daba a razón a dito
traballador.
O Grupo Municipal
Socialista tomou nota das contestacións feitas por parte do Grupo de Goberno do
Concello e posteriormente se puideron observar as críticas doutros grupos
políticos pedindo a adecuación do parque e mesmo algúns veciños, que informaran
a este grupo municipal, tomaron a iniciativa de presentar sinaturas para
solicitar que “ante o vergoñento abandono do Parque Forestal do Monticaño (fontes
do parque de xogos e do merendeiro sen auga, merendeiro sen mesas,bancos nin grellas,
xogos inutilizábeis, canóns oxidados e cheos de lixo, acceso peonil dende a
Virxe cheo de silvas e herbas, explanadas anteriores ao Parque utilizadas de
vertedoiros de lixo, buracos no pavimento do Parque, coches aparcados na herba
ao lado do merendeiro, cubas do lixo sen bolsas e infectadas de insectos por
falla de limpeza, ...) se fixera se máis demora, unha urxente posta a punto do
Parque Forestal.
Dende
o noso Grupo pensamos que o concello debe comprometerse a levar a cabo con
premura esta adecuación e presentará iniciativas no pleno para apoiar esta
iniciativa popular, ademais solicitará que o grupo de goberno acate a sentencia
xudicial que afecta ao vixiante do parque forestal e non a recurra, solicitando
do señor Calvelo que deixe de actuar cara aqueles que non lle dan a razón como
un inquisidor, faga uso do seu cargo como alcalde de todos e faga o mesmo coas
arquitectas e incluso mediando entre a empresa e as traballadoras do SAF que
foron despedidas por reclamar os seus dereitos laborais co beneplácito do
alcalde.
ROGO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA
O mes pasado o Grupo Municipal Socialista denunciaba o mal estado do Parque do Monticaño e preguntaba no pleno ao grupo de goberno, para ver se eran coñecedores da situación e do malestar da veciñanza ante dito abandono do parque forestal. Ademais de facela denuncia e preguntar polo estado de dito parque, dende o Grupo Socialista preguntamos pola situación na que se atopaba o vixiante do parque forestal.
Dende o Grupo de Goberno do PP, contestaron que a situación do parque era a idónea e que eran descoñecedores da situación do vixiante de dito parque, mentindo a tódolos veciños posto que eran coñecedores da denuncia presentada contra o concello e que existía neses momentos unha sentencia que lle daba a razón a dito traballador.
O Grupo Municipal Socialista tomou nota das contestacións feitas por parte do Grupo de Goberno do Concello e posteriormente se puideron observar as críticas doutros grupos políticos pedindo a adecuación do parque e mesmo algúns veciños, que informaran a este grupo municipal, tomaron a iniciativa de presentar sinaturas para solicitar literalmente “que ante o vergoñento abandono do Parque Forestal do Monticaño (fontes do parque de xogos e do merendeiro sen auga, merendeiro sen mesas,bancos nin grellas, xogos inutilizábeis, canóns oxidados e cheos de lixo, acceso peonil dende a Virxe cheo de silvas e herbas, explanadas anteriores ao Parque utilizadas de vertedoiros de lixo, buracos no pavimento do Parque, coches aparcados na herba ao lado do merendeiro, cubas do lixo sen bolsas e infectadas de insectos por falla de limpeza, ...) se fixera se máis demora, unha urxente posta a punto do Parque Forestal.
Por todo o exposto, ROGAMOS ao Goberno Local:
• Que se comprometan a levar a cabo dita adecuación con premura e que deixen de actuar con odios e inquinas persoais cara aqueles que non lles dan a razón, cumprindo a sentenza xudicial sobre o vixiante do parque foresta le renunciando a recurrila en instancias superiores.