“Xa denunciamos en dúas ocasións a situación do parque infantil e biosaludable de Chamín e a situación empeora sen que o Grupo de Goberno do PP faga nada por garantir a seguridade d@s nos@s veciñ@s e mostrando unha inaceptable distancia cos cidadáns desta parroquia”

Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Arteixo, denunciamos no mes de Febreiro e no de Xuño do ano 2013, a situación do parque infantil e biosaludable da parroquia de Chamín e pedimos un urxente precintado deste parque antes de que un dos desprendementos do terreo e muro superior fixera que tivéramos que lamentarnos dun accidente nunha instalación dedicada ao lecer dos nosos rapaces pequenos. Ademais pedíamos aos gobernantes do noso Concello que actuaran con celeridade para  amañar o estado de dita instalación de uso público e garantiran a seguridade dos usuarios que utilizan este parque municipal. Aproveitamos dita denuncia para solicitar do grupo de goberno considerase a necesidade de levar a cabo unha remodelación de dito parque infantil moi deteriorado polo tempo e con evidentes síntomas de abandono por parte das autoridades, rodeado de lixo e cristais impropios dunha zona de esparexemento que usan os nosos veciños máis indefensos.

Pero o máis grave é observar como a situación denunciada no mes de Febreiro e posteriormente no mes de Xuño segue sen solucionarse e aínda é máis preocupante, podendo causar unha desgraza no momento menos pensado, cuns desprendementos cada vez máis importantes e a aparición de puntas ao descuberto, que fan que o noso grupo volte a responsabilizar ao señor Calvelo e os seus compañeiros de calquera desgraza que poda suceder alí.

Solicitaremos vía rogo no pleno de Maio que se solucione esta situación .






Anterior
Anterior

MOCION PARA O PAGO DA PAGA EXTRAORDINARIA DE DECEMBRO DE 2012 E NON SEU CASO A PARTE PROPORCIONAL DESTA PAGA EXTRAORDINARIA XERADA ENTRE O 1 DE XUÑO E O 15 DE XULLO DE 2012

Siguiente
Siguiente

Luis Vázquez (Concelleiro do PSdeG-PSOE en Arteixo): “O funcionamento do servizo de augas deixa bastante que desexar, chega a auga turbia día si e día tamén, tárdase unha barbaridade en atender as incidencias e se está a utilizar a empresas externas para as reparacións”