ROGO PEDINDO A LIMPEZA DO RÍO BOLAÑOS














No discurso de Carlos Calvelo na laconada do Partido Popular deste ano, ademais de cansarse de falar dos partidos da oposición con moi mal gusto, como semella ser habitual no noso alcalde, fixo referencia ao que calificou como gran logro do PP nesta lexislatura, a limpeza do río Bolaños que atravesa o núcleo do casco de Arteixo, unha posta en escena entendible despois dos continuos incumprimentos do seu goberno cos compromisos que puxo enriba da mesa este alcalde na campaña electoral do 2011, como a promesa da aprobación do Plan Xeral. 

Pero o que non debe ver o señor Alcalde que semella que non ten tempo para saír do seu despacho, onde se reúne co promotores inmobiliarios e homes poderosos de Arteixo para redactar esas modificacións do planeamento ás costas do pobo, é a cantidade de porquería que temos que aguantar os cidadáns de Arteixo no cauce do noso río completamente emporcado sen que dende o concello fagan nada por evitalo.
  
Por todo o exposto, ROGAMOS ao Goberno Local:


  • Que, á maior brevidade posible, leve a cabo unha profunda limpeza do cauce do Río Bolaños, dende Loureda ata o Rañal. 

Anterior
Anterior

MOCIÓN PARA SOLICITAR A REINCORPORACIÓN DAS ARQUITECTAS MUNICIPAIS AOS SEUS POSTOS DE TRABALLO

Siguiente
Siguiente

PREGUNTAS SOBRE AS DESCARGAS DE CLÍNKER NO PORTO EXTERIOR DE ARTEIXO