MOCIÓN PARA SOLICITAR A REINCORPORACIÓN DAS ARQUITECTAS MUNICIPAIS AOS SEUS POSTOS DE TRABALLO
Hoxe, tódolos grupos da oposición presentamos esta moción pedindo a reincorporación das arquitectas municipais segundo dicta a setenza firme do Tribunal Supremo, deixovos aquí a moción:
As
concelleiras e os concelleiros dos grupos municipais de Terra Galega, Bloque
Nacionalista Galego e do Partido Socialista presentan ao abeiro do Regulamento Orgánico
Municipal, a seguinte moción de urxencia
O 5 de marzo de 2014 a
sala terceria do Tribunal Supremo
dictou sentenza nos recursos de casación
número 4408/2012 contra os dous autos de 28 de xuño de 2012 e 12 de setembro de
2012 da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de
Galiza.
Na senteza fica claro que non hai lugar aos
recursos de casación interpostos polo concello de Arteixo contra os autos
mencionados que anulaban os ceses de María Jesús Silva López de de Luísa Aba
Garrote e ordenaba que foran repostas nas súas prazas de arquitectas municipais
do Concello de Arteixo. O Concello de Arteixo decidiu interpor un Recurso de
Casación na vez de acatar a sentenza.
O PP de Arteixo decidiu na xunta de goberno
local 7 de marzo de 2012 cesar as dúas arquitectas dos seus postos de traballo,
en execución dun auto de 10 de decembro
de 2009, resolución que naquel momento foi moi criticada. A sentenza confirma que a decisión adoptada na Xunta de
Goberno foi totalmente desproporcionada. Esta decisión adoptada polo goberno do
PP privou durante dous anos do seu posto de traballo e polo tanto dun salario a
dúas persoas, traballadoras que se viron na rúa sen dereito nin a poder cobrar
a prestación por desemprego. Canto máis tarde o goberno local en cumprir a
sentenza os danos para as dúas persoas afectadas incrementaranse e a solicitude
de indemnización ao concello tamén medrará. Por outra banda, a incorporación
supoñería un aforro moi evidente en proxectos técnicos e direccións de obra que agora mesmo se están contratando fóra.
Na sentenza fica claro que os ceses non poden
considerarse unha medida administrativa que fose necesaria ou imprescindíbel e
xustifícao perfectamente e con contundencia chegando a afirmar na conclusión
final que hai un execeso de execución nos ceses e que a decisión dos autos de
anulalos foi correcta.
Os grupos municipais que asinamos esta moción
consideramos que o concello ten a obriga de xeito inmediato de anular os ceses
da Sra. Silva López e da Sra. Aba
Garrote para evitarlles maiores danos profesionais e persoaIs ás dúas
arquitectas e para impedir maiores perxuízos económicos ao Concello de Arteixo
Por todo isto, SOLICITAMOS
1.- QUE SE ANULEN DE XEITO INMEDIATO OS CESES
DAS SRA. SILVA LÓPEZ E DA SRA. ABA GARROTE, E SE REPOÑAN NOS SEUS RESPECTIVOS
POSTOS DE ARQUITECTAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE ARTEIXO SEN MÁIS DILACIÓN.