O PSdeG-PSOE de Arteixo esixirá medidas medioambientais para as descargas no Porto Exterior, algo que non fai o Alcalde dende o seu posto de Conselleiro no Consello do Porto de A Coruña e menos o seu Concelleiro de Medioambiente, que segue desaparecido cobrando unha dedicación exclusiva por non facer nada


No día de onte puidemos observar a cantidade brutal de polvo que se formaba coa descarga de clínker que se estaba a realizar no Porto Exterior de Arteixo e todo isto sen que o Concello siga sen mover ficha para evitar que estas descargas se leven a cabo sen as medidas correctoras que eviten que os nosos veciños teñan que sufrir as nubes de polvo que se producen en ditas descargas e que sabemos que poden expandirse moita distancia. Dende o PSdeG-PSOE de Arteixo estamos moi preocupados porque descoñecemos se estas descargas se están a facer coa autorización do noso concello e se teñen os permisos municipais para tal actividade.

Ao mesmo tempo que isto sucedía a auga nos nosos areais estaba completamente loda (como podemos observar na foto de Barrañán) e moito nos tememos que sexa debido a ditas descargas, co que se fai completamente necesario que o noso Concello esixa da Autoridade Portuaria que se tomen as medidas correctoras axeitadas para que non se produzan esas nubes de polvo, adaptando as instalacións con algún mecanismo de captación tipo medusa, para iso contamos coa presenza do noso Alcalde no Consello do Porto de A Coruña e esperamos que faga algo máis que ir a cobrar ás súas reunións, o mesmo que esperamos do Concelleiro de Medioambiente que segue sen facer nada por traballar polo noso entorno trala adxudicación dunha golosa dedicación exclusiva que non ten visos de ser xustificada.



O Senador socialista, Javier Losada foi informado das condicións destas descargas no día de onte e preguntará no Senado polo respecto medioambiental que ten a autoridade portuaria nesta infraestrutura e as medidas que van a tomar para evitar este despropósito.

Anterior
Anterior

Rogo do PSdeG-PSOE pedindo a devolución do céntimo sanitario

Siguiente
Siguiente

“O PSdeG-PSOE de Arteixo advirte do mal estado no que se atopa o lavadoiro de Oseiro e o perigo de que se produza algún derrubamento”