Nota ante a sentenza das licencias nas naves da antiga MAFRIESA

Dende o Partido Socialista levamos moito tempo alertando desta situación que será moi costosa para tódolos veciños do noso Concello e evidencia unha forma de facer política urbanística que pretende voltar ao noso Concello”


Dende o Partido Socialista, levamos moito tempo advertindo das múltiples reclamacións patrimonias que recaerán sobre as nosas costas, debido a unha forma de facer políica urbanística por parte do Partido Popular que fomentou o “todo vale” e o “vai facendo” que sentou moitos precedentes de irregularidades urbanísticas que serán dunha cuantía millonaria e que teremos que pagar entre tódolos veciños.

Hoxe voltamos a atoparnos cunha sentencia firme que obriga a cumplir a resolución dictada polo Director Xeral de Urbanismo en decembro de 2005, que obriga ao derribo das naves que se situan onde se situaba o vello matadero de MAFRIESA, esta sentenza firme traerá consigo a conseguinte indemnización para os propietarios das naves que contan con licenza municipal para o desenrolo da súa actividad e que se deron de xeito irregular. Sentenza que se unirá a outras como a do vertedoiro do Monticaño ou a do Chalet da antiga secretaria do alcalde Pose, que causarán un importante bocado nos bolsillos dos veciños de Arteixo.

Dende o Grupo Municipal Socialista desexamos saber as actuacións que vai a levar a cabo o actual goberno municipal sobre este asunto e se cumplirán a sua promesa electoral aos veciños de Suevos, nas que aseguraban que solucionarían ditos problemas ou se simplemente estaban mentindo, unha vez máis, aos nosos veciños, cando sabían que non sería posible dita legalización.

Por outra banda, sería desexable que o actual goberno municipal levase a cabo unha política transparente e repetuosa coa legalidade urbanística que salvagarde os nosos intereses e non supoña unha carga todavía maior para os bolsillos dos nosos veciños, nese senso destacamos as últimas afirmacións feitas polo equipo de goberno con respecto A UA-6, o Campo de Golf de Larín ou a Igrexa de Arteixo, nas que aseguraba unha legalización pola vía rápida dunha solución de extrema complexidade e incluso menospreciando os informes técnicos dos traballadores municipais.
Anterior
Anterior

Nota ante as declaracións do alcalde no caso das licencias das naves da antiga MAFRIESA

Siguiente
Siguiente

Alegacións do Grupo Municipal Socialista ao Plan Sectorial de Parques Empresariais de Galicia no referente a ampliación de Arteixo