Martín Seco denuncia no Parlamento a manobra do PP para modificar “pola porta de atrás” a lei que regula o Consello Agrario para beneficiar aos herdeiros de ASAJA

O deputado socialista acusa ao goberno galego de cambiar a composición dun órgano con representación democrática “ao seu antollo” e pide explicacións ao Conselleiro de Agricultura sobre as relacións coa asociación de Juan Pérez Miramontes condenado por fraude á Seguridade Social.

O portavoz de Gandería e Agricultura do Grupo socialista, Martín Seco, ven de denunciar no Pleno do Parlamento de Galicia a manobra do PP para modificar “pola porta de atrás”  a Lei que regula o Consello Agrario de Galicia co único obxectivo de beneficiar aos herdeiros de Asaja.

Seco recordou que a devandita organización foi disolta en 2016 por quebra económica, e o seu líder, Juan Pérez Miramontes, foi condenado por fraude á Seguridade Social e estivo 6 meses en prisión por trata de mulleres.

Como sinalou o deputado socialista, o Consello Agrario, “que deberá ser o máximo órgano de diálogo e consulta do sector en Galicia”, está regulado pola Lei 1/2006 de 5 de xuño, que establece unha composición con 12 vogais en representación das organizacións agrarias máis representativas de Galicia, froito dun proceso electoral que deberá respectarse ata a celebración de novas eleccións, do que saíron 4 membros para Unións Agrarias, 4 para o Sindicato Labrego Galego e 4 a ASAJA Galicia.

Coa modificación introducida polo goberno galego, o Consello Agrario pasará de ter 12 vogais das organizacións máis representativas a só 8, introducindo 4 novos vogais para a asociación con maior número de representantes nas últimas eleccións aos Consellos Reguladores de Galicia.  “Unha medida que cambia as normas do xogo no medio do partido” argumenta Seco, xa que ao ceñecer os resultados dos Consellos Reguladores, “utilizan a representación de empresas para sumarlles representantes aos seus amigos”.

O portavoz socialista de Gandería e Agricultura acusou ao goberno de nin tan sequera plantexar un equilibrio na representación cos resultados acadados nas eleccións a ditos consellos, e comparouno “como se nunhas elección locais o partido gañador tivese todos os concelleiros en xogo ao seu dispor”.

Martín Seco pediulle tamén explicacións ao Conselleiro de Agricultura sobre a vinculación do goberno da Xunta coa organización herdeira de ASAJA disolta en 2016 por quebra económica, ademais de que o seu líder, Juan Pérez Miramontes, foi condenado a 6 meses de prisión e a devolver 655.000 euros nunha sentenza que dí literalmente que esta persoa “utilizaba as empresas nas que participaba co ánimo de defraudar os intereses da Seguridade Social”

 

 

 

Anterior
Anterior

Martín Seco reclámalle á Xunta que coordine as actuacións e protocolos contra a praga do verme da pradería

Siguiente
Siguiente

O grupo socialista rexeita o proxecto de Lei de Calidade Alimentaria: “ Deberan cambiar o modelo actual de amiguismo e clientelismo pola defensa da calidade dos nosos produtos”