Visitamos A Cachada e a estrada Rorís-Anzobre, onde a Diputación executa sendas peonís
Hoxe estivemos visitando xunto ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, algunhas das obras que a administración provincial está a financiar en #Arteixo.
A senda peonil da Cachada, e a que se está a executar na estrada de Rorís a Anzobre, servirán para mellorar a calidade de vida da veciñanza.
En total, a Deputación vai investir 3,2 millóns de euros para mellorar a seguridade peonil en distintos núcleos do concello.