Tres anos desbordando augas residuais de Sol e Mar ao encoro do Rexedoiro
Cada vez que chove se atasca o saneamento de Sol e Mar. Trátase dunha conexión “mal executada preto de Galán, que provoca o desborde de fecais que rematan no embalse do Rexedoiro”, indica o voceiro socialista, Simón López.
Os socialistas esiximos ao Goberno local que arranxe esta conexión e evite así o vertido incontrolado nesta zona. Recordamos que “pretenden potabilizar o encoro do Rexedoiro sen ter eliminados os vertidos existentes. Nós, sen un 100% de seguridade, non”, expón López
Asemade, os socialistas instan á Concellería de Medio Ambiente a estar “vixiante” ante os continuos vertidos que se producen en todo o municipio e tomar as medidas oportunas para evitalos.