Os socialistas de Arteixo presentan en Meicende as súas políticas de promoción económica, formación e emprego.

Patricia Boedo: “O emprego é a nosa prioridade. Arteixo precisa aproveitar o seu potencial empresarial e industrial con políticas de emprego efectivas”

A candidata socialista, Patricia Boedo, presentou hoxe en MEICENDE as propostas de promoción económica, formación e emprego  acompañada do nº 2 da candidatura Fernando Vázquez.

Boedo sinalou que Fernando Vázquez é  “unha aposta persoal para impulsar o servizo de promoción económica de Arteixo” para que a xuventude poida acceder aos postos de traballo das empresas que hai no concello “actuando intensamente na formación e na xeración de convenios co núcleo empresarial” e mellorar así a bolsa de emprego e priorizar a contratación de veciños e veciñas do concello.

“Xa coñecemos as políticas fracasadas de emprego do Partido Popular, que “non é quen de aproveitar o potencial empresarial e industrial que hai no concello para conseguir que os nosos veciños e veciñas poidan quedar a traballar aquí” sinala Boed

A candidata socialista destacou algunha das primeiras medidas na área de promoción económica, formación e emprego como a creación da AXENCIA LOCAL DE PROMOCIÓN ECONÓMICA, para potenciar o asesoramento a emprendedores así como a orientación laboral, “cunha BOLSA DE EMPREGO ben xestionada con igualdade de oportunidades e a servizo das empresas para a contratación da nosa cidadanía” explicou.

“Poremos en marcha un CENTRO MUNICIPAL DE EMPRESAS cun VIVEIRO PARA NOVAS EMPRESAS e un espazo de formación a disposición do empresariado” explicou Patricia Boedo, coa  empresa pública SUMARTE como vía para o fomento do emprego local, cunha bolsa de emprego propia. Neste apartado tamén quixo enfatizar a importancia da inclusión laboral cun  CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO para veciñanza con capacidades diferentes. ”O traballo é cousa de todos” engadiu.

Patricia Boedo insistiu no obxectivo de “non deixar a ninguén atrás” polo que “rebaixaremos o IBI do noso rural e eliminaremos o IMPOSTO DE PLUSVALÍA, bonificando outros impostos e tasas que xeren emprego para a nosa veciñanza e facilitando o PAGO FRACCIONADO para quen o necesite”.

A candidata tamén incidiu no impulso da FORMACIÓN OCUPACIONAL do concello, facilitando a formación necesaria para o emprego nas empresas do entorno e a proposta  dun NOVO CATÁLOGO de FORMACIÓN PROFESIONAL á Xunta de Galicia adaptado ás necesidades das empresas locais.

Pola súa banda, Fernando Martínez, enumerou a batería de propostas para Meicende “máis de 30 medidas concretas para unha zona totalmente esquecida para o actual goberno.

No acto tamén interviñeron o secretario xeral dos socialistas arteixáns, Martín Seco, que sinalou as carencias do actual goberno local do PP “a pesar de ter un orzamento de 70 millóns de euros”, e o exsecretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, quen fixo ficapé na importancia de votar ao Partido Socialista para “seguir avanzando en dereitos e protexer a sanidade e educación públicas” e puxo exemplos de medidas como as axudas por fillos en idade escolar ou as becas para aprender idiomas no extranxeiro que adoptan gobernos municipais socialistas como o de Vigo.

Os socialistas de Arteixo teñen planificado para mañá mércores 24 de maio un acto no Centro Social de Froxel en Vilarrodís ás 20:30

Anterior
Anterior

AXENDA DE CAMPAÑA #CoaMiradaNaXente | 24 DE MAIO

Siguiente
Siguiente

Os socialistas de Arteixo presentan “ARTEIXO TERMAL” como elemento dinamizador do emprego, o turismo e a hostalaría no concello.