Os socialistas de Arteixo denuncian o desleixo en camiños e estradas do concello

O grupo municipal socialista insta ao goberno municipal a atender ás peticións da veciñanza de Santaia  sobre a estrada que vai ata Monteagudo e de Lañas no Camiño da Canle.

O grupo municipal socialista denuncia o desleixo nos camiños e estradas do concello tal como advirte a veciñanza  do núcleo de Santaia e a de Lañas.

Os socialistas argumentan que o concello debe velar pola seguridade viaria das súas estradas municipais, evitando que existan árbores pegadas aos viais que poidan causar problemas á circulación de vehículos e viandantes como ocurre en Santaia, donde a veciñanza denuncia que existen eucaliptos de gran tamaño moi próximos á veira da estrada que vai dende o seu núcleo ata Monteagudo, que desprenden moita follaxe no dito vial e poden causar incidentes.

“O goberno local debe tomar medidas para que os propietarios corten as árbores que están demasiado próximas á estrada municipal e son perigosas para a circulación viaria” indica a voceira socialista, Ana Cedeira.

Cedeira engade tamén que a veciñanza de Lañas leva tempo pedindo que o concello acondicione o Camiño da Canle, un camiño que necesita dun “pavimento axeitado para non converterse nun barrizal os días de chuvia” pero “descoñecemos se o goberno local ten previstas actuacións neste camiño que tanto pide a veciñanza”.

 

 

Anterior
Anterior

O PSOE demanda unha residencia de maiores para a zona norte de Arteixo

Siguiente
Siguiente

Os socialistas de Arteixo demandan un cambio no sistema de axudas para comedores escolares