Os socialistas de Arteixo denuncian a falla de interese do goberno local por promocionar e dinamizar eventos importantes como a “Romería de San Miguel” en Pastoriza e a “Feira Histórica 1900”

O PSOE esixe unha mellor xestión e planificación das actividades de promoción turística e cultural das respectivas concellerías, que carecen de orientación política e de capacidade para elaborar unha axenda cultural e festiva e non pasan de ser promotores de orquestras.

O grupo municipal socialista de Arteixo solicitará novemente ao grupo de goberno do PP unha mellor xestión e planificación das actividades de promoción turística e cultural do concello trala constatación neste mes de outubro da falla de interese do goberno por promocionar e dinamizar eventos importantes como a “Romería de San Miguel” en Pastoriza e a “Feira Histórica 1900”.

Os socialistas arteixáns demandan ao concello un traballo de dinamización da romaría de Pastoriza para elaborar man a man coas asociacións da parroquia un programa completo de actividades e o financiamento dos seus custes, así como unha programación e dinamización da Feira 1900 para o 2024, no que a temática sexa coñecida meses antes da celebración, que se contacte cos colectivos locais para traballar nas ideas sobre actividades e eventos a realizar, e cunha promoción axeitada durante todo o ano para que sexa un evento que medre ano a ano.

A voceira socialista, Ana Cedeira, sinala que o concello promocionaba no verán a romería cara aos Milagros de Caión, “unha romería tradicional moi querida polos arteixáns pero que se celebra no concello veciño de A Laracha e unha vez máis esqueceía a Romería de San Miguel en Pastoriza”, un evento que os socialistas consideran que podería ser un “mecanismo dinamizador da cultura, o comercio e hostelería de Pastoriza se o concello puxese interese en que así fose”.

Cedeira pon como exemplo  os anos no que a veciñanza de Pastoriza e a Asociación “O Grilo” estiveron á fronte da organización da celebración con actuacións musicais, xogos populares, xantar ou a multitudinaria obra de Porlier  “que fixeron que a romería collese folgos, pero o goberno popular do concello, en vez de aproveitar esta situación, púxose de perfil e non fixo nada por darlle dinamismo e apoiar aos colectivos implicados nela”

”Este ano vemos como a romería pasa desapercibida e da a sensación que ao grupo de goberno do PP en Arteixo non lle preocupa” engade a voceira socialista.

Por outra banda, Cedeira afirma que o grupo de goberno popular “cae na desidia” e argumenta que a “Feira histórica 1900”,  un evento tradicional do concello “segue a ser anunciado a escasos días da súa celebración, pasando inadvertido durante meses e sen tempo para a súa promoción e publicidade”. 

Para o grupo municipal socialista “a falla de xestión dos nosos dirixentes, provoca que a Feira Histórica 1900 estea en proceso de parálise sen novas actividades e iniciativas que incidan no seu crecemento”.

Cedeira remata incidindo en que o Concello de Arteixo ten que aspirar a ser máis que “unha promotora de orquestras” e asumir as súas responsabilidades á fronte dos departamentos de cultura e promoción económica, “que carecen de orientación política e de capacidade” para elaborar unha axenda cultural e festiva para un concello das dimensións e trascendencia de Arteixo cun orzamento que sobrepasa os 60 millóns de euros.

 

Anterior
Anterior

Consulta á militancia sobre o acordo de Goberno con SUMAR

Siguiente
Siguiente

O PSOE insta novamente ao goberno local a reforzar urxentemente o Centro de Información á Muller de Arteixo