O PSOE lamenta a incapacidade do goberno local de Arteixo para xestionar a área de cultura

Os socialistas denuncian a mala organización e a programación deficiente das festas do Apóstolo: “as peores en anos”

O grupo municipal socialista de Arteixo lamenta a incapacidade do goberno local de Arteixo para xestionar a área de Cultura do concello, e valora moi negativamente a organización das festas do Apóstolo deste ano.

O portavoz socialista, Martín Seco, explica que malia ter 12 concelleiros con dedicación exclusiva, o goberno local “non é  quen de incorporar actuacións de referencia ou novedosas como fan outros concellos na programación das festas patronais”.

Os socialistas acusan á Concellería de Cultura de ser “unha simple axencia de contratación de orquestras” para mesturalas con actividades das entidades  socioculturales do concello. “É importante promocionar as entidades locais ao longo de todo o ano” explican, “pero nas festas é preciso completar esas actuacións cunha programación axeitada a un concello como o noso”, porque insisten que Arteixo conta con orzamento disponible para programar actuacións de referencia que atraian tamén a xente de fóra do concello.

“É o mesmo ano tras ano”, sinala Seco, quen opina que as festas do 2024 probablemente foron “as peores que organizou o goberno do PP nestes 13 anos”

 

Anterior
Anterior

O PSOE reclama solucións aos problemas de mobilidade en Arteixo

Siguiente
Siguiente

O PSOE denuncia os problemas de accesibilidade no Alto de Arteixo